_
_
_
_
_
Reportaje:Luces

Curtas e documentais para tempos de rabia

"A traxedia sacudiu a conciencia de todos, e os que tiñamos ferramentas de acceso para comunicar algo, como as imaxes, intentamos transmitir esa sacudida". Sandra Sánchez non dubidou en instalarse en Aguiño e reflectir a rabia duns mariñeiros desesperados no seu documental Aguiño, sobrevivir ao Prestige, unha das obras onde mellor se observa a tensión que vivía Galicia. O seu é un dos varios traballos que xurdiron impulsados por un andazo de rabia colectiva que alcanzou a curtametraxes, tv movies ou proxectos de películas.

"Había un sentimento de pena polos galegos, que era algo patético. Na televisión houbo un lamentábel telemaratón de apoio aos mariñeiros, e Arzalluz chegou pedir que se mercaran xoguetes para os nenos galegos, coma se isto fose Tanzania", lembra Xavi Jácome, un dos directores de Toxic Percebe, curtametraxe tan crítica como divertida, que tivo unha calorosa acollida en numerosas proxeccións, e onde aparece unha memorable festa para voluntarios co obxectivo de "apadrinar niños gallegos".

Pero, se cadra, o gran proxecto do momento foi un filme colectivo, para o que se chegou contactar con directores como José Luis Cuerda, Fernando León, Gonzalo Suárez e ata Ken Loach. "Chegamos a reunirnos con Jaume Roures, de Mediapro, que estaba interesado en entrar como coprodutor", explica Xosé Castro, un dos promotores do filme colectivo. Castro lembra que se escribiron varios guións, "como o de Mateo Gil, guionista habitual de Amenábar, ou un de Manuel Rivas". Para Castro, o proxecto aparcouse, porque "a xente quedou saturada, e non había folgos para recuperalo, pero os guións seguen aí".

Xunto con proxectos de películas, curtas e documentais, o Prestige xenerou tamén algunha tv movie como Chapapote... o no, do catalán Ferrán Llagostera, e con amplo reparto de actores galegos. Como moitos dos traballos realizados nesa época, a obra recibiu a negativa de apoio por parte dunha administración daquela pouco proclive a subvencionar proxectos con cheiro a fuel oil.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_