_
_
_
_
GROUCHOS | LUCES
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Sae da sombra a poesía amatoria de Blanco Amor

Manuel Rivas

Desta vez, abril non será o mes máis cruel. Os dedos teñen razón para brincar alegres cando teclean esta nova: en abril sairá á luz a poesía amatoria inédita de Eduardo Blanco Amor co título de Ars Amandi. O libro, que entra agora en máquinas, contén unha xoia facsimilar, a reprodución dos poemas escritos a man entre 1915 e 1922, agrupados como Poemas adolescentes, e que o autor recompilara e entregara en agasallo en 1940, no exilio de Bos Aires, ao seu compañeiro de entón Agustín Caballero Moy. Estes manuscritos ocupan 61 das 220 páxinas de Ars Amandi. Unha prenda extraordinaria para a historia do desexo e da literatura. Como enxoval irrepetíbel son os Poemas del ángel, datados en 1968 e dedicados a Ángel Chamarro, o derradeiro amor de Eduardo, quen faleceu en Vigo en nadal de 1979, aos 82 anos de idade. Para a edición destes poemas inéditos foi decisiva a mediación de Luís Pérez, quen tamén é autor do prólogo.

Franz Kafka pedíalle aos libros que rabuñasen nos ollos, que fixeran trastallar o mundo no que pisa o lector. Iso é o que un sente de xeito especial cando le, na parte final de Ars Amandi, as Baladas del joven y la muerte e, sobre todo, os poemas Segunda noche sin ti (1960) e Primer domingo sin ti (1962). Dous poemas soltos, como eses días que perden a costura do calendario sen querer, de feitura narrativa, versos longos que non queren despedirse nin da vida nin da linguaxe, que apoian un no outro, sós, soíños os versos, a termar da carne. Eís, nesa noite e nese domingo, a máis sutil e extrema poesía amatoria: a que lambe o baleiro, a que ule o arrecendo do oco. En realidade, toda a literatura erótica de Eduardo Blanco Amor ten máis que ver co goce e co risco que coa escrita pracenteira. Así foi tamén a súa vida. A dun home fermoso, libre, valente, que soubo botarse a alma ás costas cando foi perseguido e marxinado, non só polos seus ideais políticos senón tamén pola súa opción homosexual.

Escribiu Robert Browning: "Cando nos sentimos máis seguros ocorre algo (...) e outra vez estamos perdidos". De Eduardo Blanco Amor tiñamos unha herdanza bíblica, sen perdón, pois encarna a loita entre a pulsión da morte e a do desexo, tal a novela A esmorga. E os extraordinarios relatos do botarse ao mundo: Os biosbardos. Tiñamos máis e seguro. E agora vén este suceso, este lote de herdanza inquietante, saído de zona de sombra.

Polo que sei, trátase dunha edición esmerada, con maquetación de Xabier Castro, na que mesmo son importantes o que Derrida chamou "as soleiras do libro". O logo que se utiliza é un debuxo do propio Eduardo, un deses xogos caligráficos da man cando anda ás ceibas mentres a cabeza cisma. Ars Amandi aparecerá na colección Alén Mar, en edición conxunta de Galaxia e o Pen Club de Galicia. Despois dos detalles limiares, outra vez perdidos. Eis na Balada I: "Si yo fuera la Muerte me moriría de amor!".

LINGUA CON RUMOR

No tempo de tanta extinción, esa felicidade clandestina dos dedos ao teclear o descoñecido, a sensación de que agroma unha especie nova, é algo que tamén se experimenta cun libro novo dun autor novo. Trátase de Poeticaespetaculante de Abel Mendes, e primeiro título da colección Singulares da nacente editora Danú. A primeira vez que souben de Abel Mendes, nado en Berna (Suiza, 1975), como tantas crianzas da Costa da Morte, foi cando o escoitei ler un poema que el, á súa vez, lía nos pousos dunha taza de café. Atopámonos máis veces. Mais eu sempre o recordarei como o Mozo da Moto que un día chegou á nosa casa de Urroa cunha alarma: estaban a dinamitar os Penedos de Pasarela, a máis fermosa catedral natural, monumento da pedra, que ten a Galicia occidental. Abel leva dentro o vento salgado, o rumor do río Grande e esa memoria, tan reprimida, do pobo festeiro, da estirpe dos corpos abrazados na beira dos cantís, que é onde nace o vento. Alí onde tamén se amaron dúas mulleres, as perseguidas mestras Marcela e Elisa, que conseguiran casar a comezos do século XX na parroquial de San Xurxo de Coruña. Único xeito de que puideran vivir xuntas. Un dos premios de Abel Mendes, o que lle concedeu o colectivo Milhomes, leva ese brasón: "Marcela e Elisa". O poemario consta de tres partes: Merenda, Efeméride en Lascivia, e ... En Frigorífico. A de Abel é unha poesía radicalmente diferente do que existe. Dos que teño lido, é o combate máis feliz que coñezo contra a culpa. Aquí latexa con forza a tropa do Escarnho e Maldizer. A parte final, ... En Frigorífico, son textos dun descaro conmovedor, dun goce que fai abalar as catro paredes do Sistema Literario Galego (por qué ese neoestructuralismo de Sistema, se podemos dicir sinxelamente Literatura Galega?).

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

UN "AUTO DE FE"

E agora saio en defensa de Pedro Gómez-Valadés, así que non sei en que século estou. Se cadra xa oíron do caso e xa lles chegou o recendo a churrasco de simbólica fogueira. En resume: Este home, Pedro, militante nacionalista, e durante anos comprometido coa cultura na bisbarra de Vigo, está ameazado de expulsión do Bloque por figurar como presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel. Non estamos a falar dunha organización creada por ningún estado ou partido, senón por persoas libres da sociedade galega. Esas persoas defenden a existencia de Israel como unha patria democrática, mais tamén dun estado de seu para os palestinos. O caso Valadés non atinxe só aos directos protagonistas nin a unha organización. É un test, unha proba, de que en Galicia, en calquera recanto de Galicia, mesmo nas criptas da caste que sexan, xa pasou o tempo en que podía ser perigoso tanto o falar como o calar. A expulsión de Valadés, de consumarse o auto de fe, sería unha agresión contra o librepensamento galeguista. Contra todos nós. Os que nos sentimos tamén parte de Galicia, a parroquia sefardí de Andreanápolis, habitada por galegos xudeus expulsados, e sobre a que escribiu con emoción, tamén el dende o exilio, Luis Seoane.

AS MIGAS

A figueira. Teño querencia polas arroutadas de Xesús Cristo, o tranq

uilo fillo de Deus. Un deses episodios inquietante e divertido a un tempo, relatado por San Marcos, é cando se cabrea cunha figueira que non ten figos, porque non é o tempo, e ordena aquela milagre tan inxusta: "Que endexamais probe ninguén froito de ti!" Ese rifar coa árbore! Ben se ve que Xesús Cristo era panteísta e de moita retranca. Co paso do tempo, cando leo os evanxeos, vou descubrindo en anacos o que sempre nos ocultaron: a sutileza cómica do contador de contos de Nazaret.

A ironía. "Estamos feitos a partes iguais de inconsciencia e ironía", di Ramón Reboiras en Shakespeare mata o porco cunha rosa, que vén de editar Espiral Maior. Eu vexo que este libro ten consistente luz de seu: a dun estrelampo de ironía. Como cando o Manco de Gondar proclama no enterro do finado: "Unha troita de pé!".

O poder. O alcalde de Ferrol, Juan Juncal, proclama con fachenda: "Yo tengo una virtud y es que no me arrepiento de nada!" (26.2.07). Qué sorte! Onde facilitan esa droga?

Segunda noche sin ti

Tu ausencia me rodea como un vacío trágico,

ando tras de tu sombra como un niño ciego.

Tu voz flota, sin voz, como un nombre que no acaba,

como el propio rumor de mi sangre que sólo pide muerte.

Estás en todo, en mí, en las cosas bellas y fraternales

con que fuimos rodéandonos en ocho cortos años,

comparadas con mi amor, pensando uno en el otro para mútua alegría,

para la sorpresa pura e infantil del secreto hasta mostrarlos;

y estás también en las cosas cotidianas y humildes,

en tu plato favorito pensado para ti como una poesía o un abrazo;

estás en tu taza matinal con el beso primero

cuando te despertaba, al borde de la cama (...)

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_