_
_
_
_
Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Celso Emilio Cunqueiro

De certo que a cultura en lingua galega non só carece dos debidos apoios institucionais que lle corresponden. O dano que xa lle fixo esta Xunta non ten medida. Porén, a súa incapacidade para crecer e facerse adulta tampouco ten medida. Nos últimos tempos agromou toda unha xeración de creadores en distintos campos artísticos verdadeiramente espléndida, sen dúbida froito destas das novas oportunidades históricas que proporcionou a Autonomía malia ser administrada por xente que non cría nela. O temor é que se estrague todo ese traballo e talento por falta dos medios necesarios para chegar á sociedade. O que non decae, o que non nos ha faltar nunca polo que se ve, é o botafumeiro cultural, os ritos que nin avivecen nin conservan a nosa cultura e que o único que fan é xustificar aos sacerdotes que os executan. (Son consciente de que levo a escribir este artigo desde os anos oitenta: efectivamente, é o de sempre. Son previsíbel; a institución cultural galega tamén).

Non sei se alguén dirá que esa imaxe dun Ferreiro antifranquista é unha gran montaxe

A semana pasada apuntaba a necesidade de tratar a figura de Cunqueiro con naturalidade: apuntouse ao fascismo e foi un franquista de vez con todos os seus beneficios. Iso non quita o valor da súa literatura nin do que lle deu á literatura galega. Cunqueiro é tan parte da nosa historia e, principalmente, da nosa literatura como o Castelao exiliado e abandonado da historia. Agora leo un titular, "unanimidade en Galicia" para dedicarlle o próximo ano a Celso Emilio Ferreiro e prefiro non ler máis detalles sobre esa unanimidade galega. Outra unanimidade da que nos sentimos excluídos.

Ao noso redor vemos como as realidades económicas, políticas, sociais, a nosa mesma idea de futuro, cae a cachos. Esborrállase todo o que parecía sólido. Vendo o disparatada que era a realidade na que vivimos até agora comprendemos que todo ten que ser repensado: viviamos entre mentiras e dentro dunha mentira. Até aquí chegou unha cultura galega autocompracente, autoxustificada, mixiriqueira e apoucada, feita tamén de tanta mentira. As xustificacións, explicacións e enganos que rodean a figura de Cunqueiro non é nada a carón desa gran mentira que é a figura de Celso Emilio, construída por el mesmo e polos seus mistificadores. Non sei o que vai acontecer o próximo ano nese sentido, non sei se alguén terá valor para dicir con franqueza que esa imaxe dun Celso Emilio antifranquista é unha gran montaxe. E inncesaria. E iso tampouco lle quita valor aos seus poemas, nin lle quita valor sentimental ou histórico ao que significaron os seus poemas. Lin Longa noite de pedra en papel ciclostil cando estaba prohibida a súa reedición. Aqueles versos e as emocións e o significado que lle atribuiamos eran e son unha gran verdade. O demais, todo trapalladas.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_