_
_
_
_
Reportaje:

Houbo algunha luz na escuridade

Dous profesores editan un manuscrito en galego de 123 folios datado no XVIII

Sempre se adoitou considerar que o galego escrito fora desaparecendo no século XV, e que non reaparecera ata máis de 250 anos despois, coas obras do Padre Sarmiento e uns poemas soltos do irmán do Padre Feijoo, xa mediado o XVIII. Sen embargo, hai tres anos, un profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, Manuel Candelas, procurando documentación sobre Quevedo na Biblioteca Nacional, atopou un manuscrito en galego titulado Ystoria de la Santa Yglesia de Yria Flauia dentro dun volume con 35 textos en castelán. 123 folios polas dúas caras, escritos entre 1713 e 1737, que, despois dun longo traballo de edición e interpretación de Bieito Arias e Camiño Noia, vén de editar a Universidade de Vigo co título Historia da Santa Igrexa de Iria.

"En Otero rexe un discurso galeguista 'avant la lettre", din os investigadores
Noia afirma que co texto se podería coñecer o "galego falado na época"
O ligro é unha historia de Galicia dende o século I ata chegar ao XV
O autor foi o avogado Pedro de Otero, natural do Salnés e residente en Padrón

O manuscrito, que os investigadores referencian coas siglas orixinais YYY, é unha historia de Galicia, e tamén en parte de España, desde a chegado dos restos de Santiago no século I, ata mediados do XV. Escribiuno un avogado, Pedro de Otero Romero y Torres, natural do Salnés e que vivía en Padrón. "Non sabemos a razón de que a escribira en galego cando este idioma levaba desaparecido dos documentos oficiais máis de dous séculos. Posiblemente o fixo para darlle máis autenticidade como documento antigo, porque o redactou para defender os votos de Santiago nunha época en que tanto Santa Teresa de Xesús como San Xosé lle disputaban o ser patrón de España", considera Camiño Noia.

A Historia... ten un contido moi similar ao da Corónica de Santa María de Iria? a descrición da creación do mito fundacional xacobeo que se atribúe a Rui Vasques. Suponse que foi escrita arredor de 1468, está gardada na Catedral de Santiago, e hai dúas versións posteriores, con variantes, na Biblioteca Vaticana e na Biblioteca Nacional. Pedro de Otero, de feito, afirma que escribiu a súa Yistoria baseándose na mellor das tres crónicas medievais que había nos arquivos de Padrón (a que estaba no Cabido secular, é dicir, no concello), e menciona a de Rui Vasques, pero para descualificala. A YYY é máis extensa que a Corónica, e detalla épocas que esta non trata, como a colonización romana, ou unha descrición moi especifica dos reis suevos. Tamén xa inclúe noticia dos Irmandiños. Camiño Noia e Bieito Arias consideran que tanto Otero como Rui Vasquez utilizaron como base un manuscrito medieval redactado en galego. O avogado padronés foi o único que respectou o idioma orixinal.

"O discurso de Pedro Otero está rexido por unha ideoloxía galeguista, avant la lettre, pola defensa que fai do papel dos galegos na historia de España, e porque presenta os primeiros rexedores medievais como reis de Galicia, claramente diferenciados dos reis de Castela e de León", aseguran os investigadores na introdución. Pero o manuscrito agachado entre textos xurídicos ten un valor máis aló de ser unha pequena luz no que coñecemos como os séculos escuros. Ao ser un traballo comezado en 1713 sobre un texto medieval, mestura variantes gráficas, fonéticas e morfolóxicas de distintas épocas, a medieval do documento orixinal e a contemporánea do autor. Entre outras moitas máis opcións, utiliza fazer e facer, deijar e deixar, pusso e puxo, Galiza e Galicia (e Galizia). "Sería moi interesante mesmo facer unha análise exhaustiva desde o punto de vista lingüístico, porque permitiría coñecer algo máis o galego falado nesa época, comezos do XVIII, na que non hai constancia escrita de cómo era", di a profesora Noia.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_