Contra os tópicos da emigración
"A historia e o presente dos galegos na Arxentina, nomeadamente en Buenos Aires, é algo infindamente máis rico e complexo cós tópicos, bos e malos, que sobre eles existen nunha e noutra banda do océano", sostén o profesor da Universidad Nacional de General Sarmiento (Buenos Aires) e responsábel da área de investigación do Museo da Emigración Galega na Arxentina, ubicado na capital federal, Ruy Farías. Este doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela é o compilador e prologuista do volume Bos Aires galega, editado por Toxosoutos, que reúne as actas das xornadas Buenos Aires gallega. Inmigración, pasado y presente, celebradas en agosto de 2007 nesa cidade.
O resultado daquel congreso, organizado por institucións públicas de Buenos Aires, a Consellería de Cultura da Xunta, o Consello da Cultura Galega e os arxentinos Museo Roca e Fundación Xeito Novo, publicouse, en parte, contra a fin do mesmo ano. O rápido esgotamento da tiraxe evidenciou, segundo Farías, a existencia "de certa avidez por este tipo de lecturas, libres de tecnicismos e cun moderado aparato crítico, ao alcance do lector medio". O libro que vén de saír do prelo na editora galega, alén de presentar todas as comunicación traducidas ao galego, inclúe ponencias inéditas e un novo texto introdutorio no que se dá conta detallada das intervencións
"Moito sentimento"
Investigadores das dúas beiras do Atlántico, como Ramón Villares, Xosé Manuel Núñez Seixas, Pilar Cagiao ou María Rosa Lojo, protagonistas de accións culturais galegas na Arxentina e persoas vencelladas ás colectividades tomaron a palabra para abordaren asuntos como as realidades que pretenden espellar: a inserción socioprofesional dos inmigrantes, a ollada das elites, semblanzas de Castelao e Luís Seoane, as características da emigración feminina e a conservación, transmisión e reinvención da cultura galega en Buenos Aires, tamén a través das novas tecnoloxías. A intención é que "os lectores galegos perciban que detrás destes acenos hai moito sentimento".
"Estamos nun intre crítico, a 20 ou 30 anos da desaparición dos emigrantes galegos de primeira xeración", reflexiona Farías a propósito do enorme peso demográfico desta comunidade na metrópole que durante parte do século XX foi o núcleo urbano con máis galegos, máis de 600.000 desde finais do século XIX e até 1960.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.