_
_
_
_
A VER | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Algo está a ocorrer

A tarde de véspera ouvín dicir: "A miña filla era moi lectora, antes tamén lía moitos libros, moitas novelas. Agora pasa o tempo enredando no ordenador, de aquí para alí". (Non é unha moza tan rara tampouco). E á mañá seguinte ouvín dicir a un músico pola radio: "Antes todo o mundo compraba música. Non é só polo das descargas piratas, eu coido que agora o público está embrutecido". Se un vivise dentro dun filme de suspense pensaría que existe unha conspiración que fai desaparecer lectores e ouvintes de música. Ou unha bacteria chegada dalgún planeta hostil que vai contaminando á xente do planeta imperceptíbelmente. Ou un virus creado para a guerra química por unha potencia enimiga. Unha conspiración administrada polos inventores Facebook, Twister e outras drogas. Chan, cha, chan. Algo está a ocorrerrrrr...

Existe outra explicación literaria que imaxino que está inédita e que alguén que teña talento literario e tempo poderá desenvolver e aproveitar: Internet é un ente vivo e autónomo e vai chuchando parte do entendemento dos usuarios, paseniño a través das pantallas e da realidade virtual vaise apoderando das súas vontades, transformándoos en adictos... Chan, cha, chan... Despois de escribir isto lembrei que ese argumento ou semellante xa existe, xa o lin. Mesmo escribino eu, cabeciña, agora que o miro ben é o d'A Sombra Cazadora, agora que o miro ben ven ser un argumento semellante. Pretendía ser orixinal e, mala cabeza, estábame a plaxiar a min propio. En fin.

O conto é que ben pode ser que conforme están a cambiar as nosas vidas, como pasamos as horas do día, estea desaparecendo das nosas vidas o silencio, que nos predispón a atender e nos permite escoitar a música e o lecer desentendido que abre un espazo para a lectura atenta. Canto hai que non le un unhas liñas da poesía que lle reina? A que non responde a ningunha outra razón que a propia memoria de lector, aquilo que deixaches apartado no andel, nos andeis, dos libros especiais. Canto hai que non leo Trilce. Xa hai un tempo que non volvín onda Claudio Rodríguez. Canto desde Aquilino Iglesia Alvariño, "Quen somos e a onde vamos, preguntades? / Somos romeiros de cen mil edades, / e vamos ó non ser, ó abismo, á nada...!". "O certo. O que non marra. O que non erra / é xa saber a boca chea de terra, / muro final que abate o pensamento.". "Ai, Petöfi, Petöfi, doce poeta dos menceres coma espadas! / Ai, Petöfi, Petöfi, doce poeta dos adioses para sempre! Como revoaban as capas dos cosacos en Segosvar!". Moito silencio, se ten precisado para escribir poesía. Para ler ou ouvir literatura ou música.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_