_
_
_
_
Entrevista:PEDRO FRESNEDA & RAQUEL HERNÁNDEZ | Teatro Ensalle | Luces | A crise deprime ás salas alternativas

"Se o debate é a rendibilidade, estamos perdendo a cabeza"

A recta final da 8ª temporada do Teatro Ensalle de Vigo ábrese esta noite coa produción propia La Maleza, en cartel durante esta fin de semana a beneficio dun proxecto de cooperación co desenvolvemento no Perú. As xiras da compañía residente pola Rede Estatal de Teatros Alternativos, na que participan 13 comunidades autónomas, alternan na sala viguesa con estreas nacionais e internacionais.

Pregunta. Sería desexábel unha cultura sen subvencións?

Resposta. Non depender de ninguén sería a situación ideal, pero somos un sector que, como os demais que perciben subvencións, tamén ten dereito a traballar. A xente debería pensar qué fan os gobernos coa súa economía, se pagamos máis e recibimos menos. Se nós pechamos a sala, a Xunta, por exemplo, deixaría de gastar 40.000 euros ao ano pero no país deixarían de entrar outros 70.000 euros, que son os que xeramos nós con eses cartos, porque somos fiestra e porta. O que pasa é que agora toca a cortina de fume de falarmos das subvencións á cultura. Canto, dos nosos cartos, vai aos bancos e ao exército? As subvencións ao sector cultural, cinco millóns e medio de euros para 2011, cústanlles menos de dous euros a cada galego, a condición de que ningún proxecto cultural pode ter beneficios se quere optar a axudas públicas... Estamos obrigados a non ser rendíbeis.

"Estratexias para atraer público, si. Publicidade de centro comercial, non"
Más información
"A vida cultural en Santiago afoga por vía institucional"

P. Cal é o impacto máis grave da crise sobre o Teatro Ensalle?

R. O retraso nos pagamentos, que nos leva a termos que pedir créditos para dispoñermos de orzamento, co cal ese diñeiro acaba resultando moi caro. A presión económica que soportamos está ao máximo; ás compañías non as podemos trasladar, porque non lles podemos pagar menos do que lles pagamos... Só resta pedirlle ao público que arrime o ombro: pedirlles que volvan pagar por segunda vez os seus impostos porque non podemos abaratar unha entrada que custa o mesmo desde hai oito anos. En poucos lugares como Ensalle ou Nasa se reinvisten tanto os impostos na xente. Pensemos que pasaría se non existise a cultura... Se o debate é a rendibilidade da cultura é que estamos perdendo a cabeza.

P. Como se está a comportar o público?

R. Os discursos máis radicais son os que excitan en maior medida aos espectadores neste momento, que se move máis na incomodidade. En Ensalle contamos cun público que cada vez máis quere estar aí, que se senten moi identificados coa súa sala. Claro que a taquilla é un ingreso, aínda que pequeno, importante, porque todo isto non ten sentido se non se ve. Estratexias para atraer público si, por suposto. Pero falta de ética ou publicidade de centro comercial, non. O noso é o boca a boca. Ora ben, se rematan as axudas e a xente queda calada, será que non temos razón e teremos que marchar.

P. Oito anos despois, volveriades facelo?

R. Si, rotundamente. A sala Ensalle aporta relacións coas outras compañías, crea capital artístico, como o que poderemos ver no ciclo Vigo en Bruto, para dar visibilidade a compañías emerxentes da cidade, e, xunto co intre puntual do Festival Alt, sitúa a Vigo no mapa do teatro alternativo. Cando traballas no underground tes menos que perder có señor de Zara, e nós facemos cada produción como se fose a derradeira. Non sabemos se iso é o máis axeitado para coller o sono, mais nós preferimos manternos espertos.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_