"A vida cultural en Santiago afoga por vía institucional"
Para o director artístico de Chévere, a única compañía residente de Galicia con espazo de seu -a Nasa, ademais, foi durante algún tempo a única sala de concertos de Santiago-, o futuro da Nave de Servizos Artísticos tras case 20 anos pasa pola reinvención, quizais lonxe da rúa San Lourenzo. Con 52.000 euros entre axudas galegas e estatais, nos últimos anos foron adelgazando a programación sen rebaixar a calidade.
Pregunta. Abandonan a nave?
Resposta. Levamos tempo buscando alternativas en Santiago. Unha sala de teatro non é un negocio, non nos podemos meter nun crédito directo, nin sequera no Igape, como empresa cultural. Intentamos mercar o local da Nasa para reformalo de urxencia, pero o propietario rexeitou a nosa oferta de compra e as reformas. Iso límítanos á hora de ter un proxecto a medio e longo prazo.
"Se o PP di que non podemos existir, a candea non a podemos soster nós"
P. En que medida é culpa da crise?
R. Non ten moito que ver. A venta de entradas e o número de espectadores non baixaron moito, e o número de socios, 135, é estable. O que ten un impacto brutal é o recurte na aportación pública, dun 30% en dous anos, e sen alternativas. Custa pagar as nóminas dos nove empregados. Temos que reflexionar sobre este modelo empresarial, que empezou ao abeiro das políticas de consolidación das industrias culturais iniciadas co bipartito. Como empresa, a Nasa non ten futuro. Para funcionar así, a hostelería tería que medrar moito, posiblemente sen programarmos teatro, danza e músicas alternativas. Queremos abrir ese debate cos nosos tripulantes, un debate que non é só noso. É unha crise de modelo.
P. É tanxible o risco dunha Nasa comercial?
R. Se todo o mundo di que nos fagamos comerciais, iso non quere dicir que o vaiamos aceptar. Ao mellor, o equipo de xestión di "ata aquí chegamos".
P. Non hai sitio na capital do país para unha sala así?
R. Sen comparármonos con outras compañías residentes, en Santiago hai unha crise social bastante grande, a vida cultural está en decrecemento, afogando por vía institucional. A Nasa é unha entidade cultural da cidade, quen debe apostar por un espazo así é o Concello e a sociedade; se o PP representa a maioría social e di que non podemos existir, nós non podemos soster esta candea. Non estamos dispostos a baixar o listón como única solución posible. Unha sala privada non pode pagarlle 3.000 euros a unha compañía que mete 40 espectadores. É a Administración pública quen debe decidir se aposta por iso.
P. O baleirado da cultura semella demasiado profundo para imaxinar revoltas de raíz cultural, sexan dos comportamentos ou do urbanismo. Unha alternativa galega?
R. É o momento de apostar decididamente por xerar novos modelos culturais. A penosa xestión dos Xacobeos, o patético exemplo da Cidade da Cultura, a indefinida reconversión do proxecto cultural de NovaCaixaGalicia, que agora abre un teatro en Santiago... Son as mostras máis evidentes do fracaso dun modelo. Hai que explorar outras maneiras de relacionar o público e o privado á parte das subvencións, pero mentres a administración non estea disposta a colaborar é case imposible. A cultura xa non vai xirar arredor dos autores, dos artistas, agora os protagonistas son os públicos. Onde falabamos de cultura, agora falamos de creatividade, que non depende necesariamente do diñeiro. Haberá vida cltural alí onde a sociedade civil sexa forte.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.