_
_
_
_
Luces | Manifesto pola entrada das mulleres na Real Academia Galega

O xogo das cadeiras

Catro mulleres, catro cadeiras, catro palabras. Demasiadas poucas para soster a metade do ceo, para trenzar un espazo común, para transmitir e cambiar a lingua, para ir de nai a nai pola liña da vida. As fortes voces das poetas, das narradoras, das lexicógrafas, dramaturgas, estudosas da literatura, transformadoras da linguaxe e polo tanto da vida en xeral quedan empequenecidas no absurdo xogo das cadeiras polo cal a Real Academia Galega nos reduce á insignificancia.

Dende a fundación da Real Academia Galega as mulleres levamos xogando sen cesar a aquel vello xogo infantil das cadeiras. Sempre somos nosoutras as que quedamos sen asento. Corremos máis ca ninguén, temos méritos, valores, as mans desgastadas de tecer redes, os lombos fartos de cargar con moito máis ca a metade do ceo cada día. E, malia a isto, seguimos quedando sen cadeira.

Más información
Nosoutras tamén facemos a lingua

Resulta indigno mesmo ter que sequera argumentar o inxusto e innobre desta situación. Nestas alturas da nosa historia non abondan as cadeiras todas da Rúa Tabernas para dar acubillo ás mulleres de tantas xeracións que teñen méritos máis que sobrados para ocupar o seu posto. As nosas voces diversas deben de ser escoitadas, as nosas voces transformadoras e críticas, aló onde a lingua se decide, aló onde se debate a súa supervivencia que é tamén nosa. Non queremos ficar máis excluídas da historia, non queremos que as escritoras e estudosas do futuro teñan que buscarnos, como fixemos nós coas nosas devanceiras, entre o cascallo condescendente das palabras dos homes ou nos fondos máis escuros das bibliotecas. Queremos estar aí porque é de xustiza. Porque nosoutras tamén facemos a lingua, porque nosoutras tamén a labramos, a tecemos, a enguedellamos ás vidas do cotián, ás vidas do grandioso, ás vidas propias e alleas. Moitas das nosas mans, ademais, están curtidas en traballos pola igualdade moito máis amplos, en estratexias e alianzas que a Real Academia necesita para chegar á sociedade.

Señores académicos, non queremos seguir xogando ao xogo das cadeiras. É hora de deixar de agardar. Cadeiras para as mulleres XA.

Alba Nogueira, An Alfaya, Ana Romaní, Antía Otero, Ánxela Abalo, Ánxela Gracián, Ánxeles Cuña Bóveda, Aurora Marco, Begoña Caamaño, Camino Noia, Carme Adán Villamarín, Carme Vidal, Carmen Pérez Pais, Celia Torres, Concepción Burgo, Concha Varela Orol, Dolores Vilavedra, Encarna Otero Cepeda, Eva Moreda, Felicia Estévez Salazar, Fina Casalderrei, Helena González, Helena Miguélez Carballeira, Helena Villar Janeiro, Imma António Souto, Inma López Silva, Iolanda Muíños, Iolanda Veloso, Iolanda Zúñiga, Isaura Barciela Varela, Laura Caveiro, Mª Xesús Nogueira, Mª Xosé Agra, Marga Romero, María Canosa, María Reimóndez, María Yáñez Anllo, Mariam Mariño, Mariana Carballal, Marica Campo, Marisa Sobrino, Mercedes Queixas, Nanina Santos, Olga Castro, Olivia Rodríguez González, Pilar Sampil, Rexina R. Vega, Tareixa Navaza, Uxía Senlle, Yashmina Shawki, Yolanda Castaño

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_