_
_
_
_
Luces

Yann Tiersen e 'indie' español no festival Vigo Transforma

O músico bretón Yann Tiersen será un dos cabezas de cartel da segunda edición do Festival Vigo Transforma, que regresará ao Porto da cidade este verán con adianto de datas e un día máis de duración con respecto ao ano pasado. No acto de presentación, os representantes das produtoras Esmerarte e Music2Day, respaldados pola presidenta da Autoridade Portuaria, o conselleiro de Cultura, o xerente do Xacobeo e a directora de Radio 3, avanzaron algúns dos artistas que actuarán no certame, que se celebrará os vindeiros 30 de xuño e 1 e 2 de xullo.

Os galegos Catpeople, Eladio y los Seres Queridos, a cantautora Russian Red e os madrileños Vetusta Morla non só cadrarán sobre o escenario, senón que tamén coinciden na circunstancia de estaren todos eles presentando o seu segundo traballo discográfico. Tamén está previsto que Xoel López e os portugueses The Gift acodan para estrearen novos repertorios, amais dos neoiorquinos The Pains of Being Pure at Heart e Hola a Todo el Mundo. "Apostamos por asumir riscos con grupos de calidade e non estirar o chicle das xiras", indicou Ricardo Calabuig, de Music2Day. Alén de vindeiras confirmacións, unha vintena de grupos actuarán, en paralelo e de xeito gratuíto, nun segundo escenario habilitado pola publicación Mondosonoro e Radio 3, emisora que volverá retransmitir o festival en directo, "porque a radio pública ten que estar presente nos primeiros pasos dos festivais importantes", afirmou a súa directora, Lara López.

Segundo apuntou o xerente do Xacobeo, Ignacio Santos, "60.000 persoas participaron nas actividades" do festival. Precisamente, a plantación de árbores nun monte público da parroquia viguesa de Bembrive que comeza hoxe, dá cumprimento a unha das obrigas da primeira edición, en calidade de festival sostible: carballos e castiñeiros para compensar o impacto ambiental xerado polo evento.

Outra volta, regresará o programa multidisciplinar Vasos comunicantes, comisariado polo artista galego Isaac Cordal, coa incorporación da moda e dos documentais as súas actividades. "A pesar de ser o segundo, este festival xa é unha aposta consolidada que afonda na transversalidade da música", referiu o conselleiro de Cultura, Roberto Varela. Entre as novidades figura a nova imaxe: unha recreación do escenario principal, obra do pintor gaditano Cecilio Chaves.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_