O 'caso Pillado'
O valor da arte e dos produtos artísticos é dobre. En primeiro lugar existe un valor absoluto, non suxeito a comparación: a arte galega, por exemplo, é importante para nós porque é a que elaboran os nosos artistas. Que noutros ámbitos, ou rankings, non sexa aprezada na medida en que nós xulgamos que debe selo, non a convirte para nós en inútil ou menos valiosa, igual que un fillo que non destaque ten o mesmo valor para o seu pai e súa nai que outro que si o fai.
En segundo lugar, a arte ten máis ou menos mérito en función da súa orixinalidade. Este valor é, agora si, susceptíbel de ser exposto a comparación. Así, calquera que defenda a narrativa de Otero Pedrayo, como debemos facelo tanto polo seu valor intrínseco como polo arriba exposto, sabe que o de Trasalba non era Kafka. A relación entre os dous aspectos valorativos é conflitiva e hai quen pensa que o primeiro é político e o segundo obxectivo. Porén, a posición contraria tampouco sería indefendíbel. Por que senón as literaturas non occidentais ou das linguas minoritarias teñen vedado o recoñecemento obxectivo?
A defensa da cultura galega debe pivotar sobre estes dous eixes: o orgullo do noso e o orgullo da excelencia. Do mesmo xeito, a ansia por destruír a nosa cultura debe atacala neses mesmos flancos, o que a asocia á identidade do pobo que a crea e o que a asocia á orixinalidade obxectiva. A actual Xunta faino coma ninguén.
Un dos flancos da política cultural do PP dedícase a disociar a produción artística galega da Tradición que aseguran defender. No canto de "galegos" agora resulta que somos "de Galicia", prímase a difusión das artes desligadas da nosa creación cultural maior, a lingua, ou vólvese poñer en marcha o ventilador de que tan literatura galega foi a de Cela como a de Manuel Antonio. As obras do Gaiás, sen agardar á pola de loureiro, inaugúranse cunha afirmación deste discurso disolutorio.
A arma para desactivar a orixinalidade ten forma de premios e subvencións, de confusión do terreo dos creadores co terreo da oficialidade, dunha funcionarización do labor dos artistas acadada por medio da dependencia económica ou, moito máis, polo silenciamento das voces díscolas e fóra de ton. Así se entende a destitución de Francisco Pillado como coordenador do premio de narrativa Repsol, e sobre todo as reaccións que provocou nas nosas institucións culturais: ou sexa, a case absoluta ausencia de reaccións a un ataque que busca eliminar resistencias á nosa funcionarización. A melodía que entre esas institucións arrasa é a de poñerse de perfil e asubiar mentres se olla para os biosbardos.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.