_
_
_
_
Reportaje:Luces

Videocreación galega en Nova York

O primeiro festival de videoarte latina na cidade estadounidense conta cunha comisaria compostelá e unha ampla representación de artistas do país

A vindeira semana Manhattan sufrirá unha auténtica invasión de artistas galegos nas súas rúas. Durante tres días celébrase na céntrica zona de Washington Square a primeira edición do festival de video latino Región 0, unha convocatoria que espertou o interese dun amplo grupo de creadores galegos que van tomar parte na cita con varias pezas. Aínda que poida parecer que o feito de que a comisaria do festival, Eva Mendoza Chandás, sexa galega, teña algo que ver con esta importante representación, o certo é que isto non estivo entre os motivos para que foran seleccionados. A única razón para seren elixidos foi a calidade das propostas que presentaron.

Mar Caldas, Brais García, Vicente Blanco, Lois Patiño, e Félix Fernández forman a representación galega nun festival no que se van mostrar pezas de 40 artistas de diversas procedencias. As proxeccións comezarán o vindeiro xoves, día 24, e prolongáranse durante tres días. A sede do certame é o centro King Juan Carlos I da New York University. O obxectivo é amosar a riqueza e a diversidade que presenta a vídeocreación nos países latinos nestes momentos. O escenario semella o máis axeitado, dada a multiculturalidade que caracteriza a vida da cidade estadounidense.

"Ás veces tes que marchar para que se recoñeza o teu traballo"

Eva Mendoza leva máis de catro anos residindo en Nova York, onde realiza un máster en xestión cultural na Columbia University. A proposta para exercer como comisaria do festival chegoulle do centro King Juan Carlos I e non dubidou en aceptala. A convocatoria para participar no certame tivo moito éxito, xa que se presentaron preto de 150 artistas de países latinos. Ela foi a encargada de facer unha selección para a que se deixou guiar pola calidade dos traballos presentados. O feito de que cinco videocreadores galegos foran invitados a participar débese a que as súas propostas encaixaban na filosofía do festival. "Non hai unha temática preestablecida, aínda que a maioría das pezas que se presentan teñen que ver con cuestión sociais e co propio mundo da arte". Mendoza engade que a maioría dos artistas españois que achegaron propostas para o festival proceden de Galicia e de Andalucía.

Un elemento común entre a maioría dos participantes é que moitos utilizan o sentido do humor nas súas pezas, segundo explica a comisaria, quen destaca a calidade dos artistas contemporáneos galegos e bota en falta un maior apoio para eles na súa propia terra. "Ás veces tes que marchar para que se recoñeza o teu traballo", sinala Mendoza, que naceu en Ourense pero que considera compostelá. Esa foi a cidade onde viviu case 15 anos antes de marchar de Galicia.

Mendoza agarda que o festival teña unha boa acollida entre o público e semella un obxectivo alcanzable, dado o grande interese que xa espertou entre os moitos medios de comunicación latinos que existen en Nova York. A importancia da comunidade latina na cidade fai pensar anticipadamente no éxito da convocatoria.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

O coruñés Vicente Blanco, que participa no festival cun total de tres pezas, considera "moi positiva "unha iniciativa que permite aos artistas mostrar o seu traballo no exterior nun momento en que non abundan as ocasión para facelo". "Supoño que unha das razóns polas que hai tanto artista galego neste certame pode ser a falta dunha estrutura artística consolidada en Galicia para presentar os teus traballos", sinala Blanco. O artista lucense apunta que a crise tamén está a levar ás galerías a seren moito máis selectivas para admitir talentos novos entre as súas filas. De tódolos xeitos, Blanco considera que toda crise representa tamén unha oportunidade, sempre que se saiba aproveitar para reflexionar sobre o camiño a emprender a partir delas.

No festival, Blanco mostrará tres vídeos de animación que serven para presentar o máis destacado do seu traballo nos últimos tempos. En The Proll Thing aproveitou a súa estadía en Berlín para reflexionar sobre a transformación da cidade e en como un antigo cine da época socialista se converteu agora nunha discoteca. Unha temática similar é a que trata noutra das pezas que presentará en Nova York, Contrato para paisaxe, na que elixe coma protagonista a unha zona de colonos en Castro de Ribera de Lea nos anos cincuenta. O último dos vídeos é unha particular miniversión de Teorema de Pasolini. Blanco está de volta en Galicia despois de residir algún tempo en Berlín.

Outro dos artistas galegos que terán protagonismo no festival neoiorquino é o lucense Félix Fernández, quen explica que tivo a oportunidade de presentar o seu traballo á comisaria do festival durante a súa estadía en Nova York. Ao igual que Blanco, Fernández tamén participa con tres pezas aínda que nunha delas comparte autoría con Juanma Carrillo. Trátase de This Leak, un vídeo no que se fala dos procesos de cambio nas persoas a través do que lle acontece a un yuppie neoiorquino. En Hooley Fernández realiza un retrato dun hooligan no que el mesmo interpreta a un home cun estatus socioeconómico de clase baixa e que ten coma característica principal a ausencia de proxecto vital e de valores. O artista tamén se converte en intérprete nunha peza ambientada en Berlín na que se fala sobre a identidade do emigrante.

Pola súa banda, as pezas de Lois Patiño e de Mar Caldas falan, aínda que con perspectivas moi distintas, sobre a paisaxe.Next, de Brais García, entra na categoría dos traballos que dan un xiro subversivo a fenómenos mediáticos e culturais.

Paisaxes urbanas e rurais

O obxectivo principal do certame neoiorquino é dar visibilidade ás distintas perspectivas dos creadores latinos sobre as distintas realidades que viven nos seus países de orixe. A pesar de que non existían condicionantes temáticos para participar, as 150 pezas seleccionadas poden agruparse polas distintas materias analizadas, aínda que os puntos de vista empregados son ben diferentes. Hai que ter en conta que participan artistas residentes en Estados Unidos, Latinoamérica e España.

Un primeiro grupo fórmano os creadores que se dedican a falar sobre cuestións relacionadas co propio mundo da arte. Hai varias pezas que lanzan unha mirada irónica sobre o universo artístico e reflexionan de xeito humorístico sobre os erros que cometen os artistas ao reproduciren patróns de conduta que se dan noutras áreas da vida, esas que eles mesmos adoitan criticar na súa obra.

Así ocorre na videoperformance Geofagia o la dieta del artista, de Diana Larrea e tamén, aínda que de xeito moi distinto en Transacción, de Patricio Ponce, e en Si regreso a esta vida me gustaría hacerlo como un dentista americano, de Manuel Molina Martagón.

A paisaxe, tanto a urbana coma a rural, está presente nas pezas que presentan os galegos Vicente Blanco, Mar Caldas e Lois Patiño, pero tamén nas de creadores doutras latitudes coma son Albert Merino, Marco Casado, Alex Reynolds e Gwenn Joyaux.

A aparición de conflitos persoais e de personaxes de extracción marxinal que se debaten entre polos opostos caracterizan pezas coma Afirmaciones para atraer el amor, de Esther Achaerandio; The Book of the Fragile World, de Laura F. Gibellini, ou El Camino más largo, de Alejandro Ramírez Ariza.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_