A crise tamén bate na música clásica
Cultura aposta por manter o festival do Xacobeo mentres se recortan fondos para as orquestras - "De seguir así, vainos afectar de xeito grave", di o xerente da Sinfónica
Tampouco a música clásica se vai librar da vaga de recortes orzamentarios. A Consellería de Cultura, no seu empeño por manter viva a marca do Ano Santo, decidiu prolongar este ano o festival Xacobeo Classics ao tempo que recorta as súas achegas a formacións musicais estables. O caso máis controvertido é do da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), que perde 600.000 euros dos fondos da Xunta. Na Coruña ese recorte é visto como un aldraxe e xa se converteu en parte do debate político local. O bipartito municipal compara ese recorte co investimento na Cidade da Cultura, no compostelán monte Gaiás, e esta semana mesmo fixo aprobar unha moción contra a Xunta no pleno municipal.
A crise tamén se pode ver como unha "fonte de oportunidades", segundo subliñaba hai uns días Álvaro Guibert (Madrid, 1959), director de contidos da Fundación Albéniz e xestor cultural de longa traxectoria, nunhas xornadas que, baixo o título, Ordenamento musical en Galicia; a racionalización dos recursos musicais, organizou o Consello da Cultura. Pero Guibert tampouco agochou os custes: "Vai haber que chapodar e ver que ponlas chapodamos e cales deixamos, que logros destes anos son irreversibles e cales non". Entre os primeiros situou as infraestruturas e "logros consolidados, como os hábitos dos afeccionados e a actuación colectiva de institucións públicas e privadas", que, sen embargo, "poden ser reversibles se non se seguen cultivando ou se diminúe o orzamento".
As orquestras, tamén froito dunha pulsión identitaria moi presente na vida pública española durante os noventa, non só unha bandeira, serven para máis cousas", engade Guibert, quen pon como exemplo a elevación do nivel cultural do seu entorno. A crise ofrce oportunidades para se adaptar "aos novos tempos, tamén en tecnoloxía" e o propio Guibert cre imprescindible o uso de ferramentas como Youtube, xa que "hoxe non abonda con se anunciar, hai que chegar a todos. Internet é a nova praza da vila".
Tomás Marco, compositor e exdirector de Radio Clásica, opina que as autoridades deberan dar á música a consideración de "cultura con maiúscula" e sinalou como "síntoma tremebundo" que en épocas pasadas fose máis difícil "acadar dun alcalde medio millón de pesetas para un bo festival ca 40 millóns para que un tenor famoso cantase na praza de touros da súa cidade".
A esta xuntanza no Consello da Cultura non asistiron nin os xerentes nin os directores artísticos da Orquestra Sinfónica de Galicia nin da Real Filharmonía de Galicia. O xerente da Sinfónica, Oriol Ponsa, coménta o caso con ironía: "Recibimos un folleto hai días. É todo o que recibimos. Ao lelo tamén me estrañou que non nos convocasen como participantes, sobre todo cando, por unha banda, estamos a traballar na música en Galicia e, pola outra, teoricamente somos profesionais na materia...". Da actual situación económica, Ponsa considera que obriga a "unha xestión moi coidadosa, que fai que se poida ir mantendo a actividade da tempada aos niveis de excelencia habituais".
Mais a redución orzamentaria empuxa a axustes importantes que, "de seguir esta liña poden chegar a afectar gravemente á actividade xeral". A excelencia marca o norte da orquestras galegas. Oriol Roch, director técnico da Filharmonía, explícao con certo detalle: "A aposta sinfónica que se fixo en Galicia hai un par de décadas baseouse na idea da excelencia. Isto garantiu aspectos que perviven e que se dimensionaron positivamente a data de hoxe".
A tesoira orzamentaria xa é realidade. A achega económica da Xunta, vía Consellería de Cultura, minguou en 600.000 euros. O recorte provocou hai poucos días un forte debate no Concello da Coruña. Ademais, como di Oriol Ponsa, da Sinfónica, "a crise afectou a algunhas empresas patrocinadoras e algunha mesmo desapareceu. O prezo das entradas mantívose estábel co obxectivo de que o público notase o menos posible a situación. Para 2011 xa estamos a traballar con 800.000 euros menos que no ano anterior". Na Real Filharmonía, calara Oriol Roch, "o Consorcio de Santiago vén de asumir o plano de austeridade elaborado pola Administración Xeral do Estado para o período 2011-2013. Iso implica unha redución do 17,6% do seu orzamento".
Pero en plena crise chegou o Xacobeo. E co Xacobeo, o Xacobeo Classics 2010. Hai só unhas semanas, Cultura presentou o Galicia Classics 2011 como a "prolongación natural" do programa do Ano Santo. Sobre a influencia deste festival, ateigado de nomes escintilantes da música clásica máis mediática, Oriol Ponsa expón: "Está claro que inflúe. Houbo certo solapamento coas diversas programacións que existen en Galicia, algunhas delas de excelente nivel. Aínda que se podería asumir que no ano Xacobeo, a través do Xacobeo Classics, se programasen eventos especiais, e máis se se ten en conta que deica 11 anos non vau haber outro Ano Xacobeo. Pero tamén hai quen opina que o ciclo se podería formular con outros criterios".
Oriol Roch sostén unha posición absolutamente institucional. Para o director técnico da Filharmonía, a orquestra con base en Santiago, a súa formación "sempre se pon a disposición das institucións para os proxectos nos que encaixe. No pasado Xacobeo, participou en dous proxectos con gran éxito de público [un deles, o concerto no Obradoiro co gaiteiro Carlos Núñez]".
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.