_
_
_
_
Análisis:ANÁLISE | Luces
Análisis
Exposición didáctica de ideas, conjeturas o hipótesis, a partir de unos hechos de actualidad comprobados —no necesariamente del día— que se reflejan en el propio texto. Excluye los juicios de valor y se aproxima más al género de opinión, pero se diferencia de él en que no juzga ni pronostica, sino que sólo formula hipótesis, ofrece explicaciones argumentadas y pone en relación datos dispersos

O neno labrego e o 'Black Power'

Eu son Belén. Unha nena de cidade con pais da aldea. Coma quen di, unha falsa urbanita. E ademais, neta de caseiros. Porque a miña avoa Avelina aínda traballa nas terras do Amo, e sempre lle chama así, con A maiúsculo, temor e reverencia. Como os escravos negros do meu exemplar d'A Cabana do Tío Tom.

Nos anos oitenta da miña nenez, -cando lin Memorias dun neno labrego, dúas décadas despois súa publicación-, aínda quedaban caseiros en Galicia, como a miña avoa Avelina. E Amos. Donos do lar e dos labradíos, aos que había que pagarlles renda e entregarlles a metade da colleita, aos que non conviña contrariar porque "se eles queren, nós teremos que deixar a casa e as leiras". E ese era tamén o libro de familia de moitos Balbinos que fuxiran da aldea, "pequena, estreita", e a arrombaran no pasado, co recordo oprobioso da miseria e da ignorancia, da humillación. No pasado e nas fins de semana.

Para moitos fillos de Balbinos, coma min, a aldea, ese "territorio de lama e fume", era a reserva india dos veráns e dos domingos, as tortillas de ovos da casa e as caixas de patacas novas no maleteiro do 127. De luns a venres, unha herdanza que era mellor agachar e da que cumpría arredarse cun desprezo inmenso. Ser de la argolla era a peor ignominia posible na Coruña da miña adolescencia, e os desertores do arado tamén cuspiamos con deleite o máis grave insulto, non fose que alguén ousase delatarnos: Pailán!

Se xa eramos libertos, u-lo noso Black Power? Para unha rapaza do extrarradio, as Memorias... non só eran o relato emocionante da aprendizaxe da vida, dunha educación sentimental. Léndoas tamén descubrimos quen eran as nosas nais e pais. E o que calaran: o frío e a fame, a lama e a lingua, a sumisión, o orgullo, os pequenos heroísmos. E as grandes verdades que nunca pasan de moda: "Hai xentes de dúas castes: a que manda e a que é mandada". A fantasma da nosa inexistente conciencia de clase. Despois chegarían os Diplomáticos para sacar do armario o desarraigo da mocidade dos barrios urbanos e convertelo en autoestima e combustible para turrar contra o mundo e os señoritos: "Na escola non nos contaron nada dos avós. Desacougo de cemento para os netos dos labreghos". Say it loud: I?m black and I?m proud. Sen nostalxia dun falso beatus ille nin folclorismo estetizante: a aldea é o lugar no que fomos escravos, pero tamén hai cadeas fóra dela, e burramia, e nepotismo.

Desde aquela, os fillos dos Manolitos e os dos Balbinos, os netos dos Amos e os dos caseiros, compartimos aulas universitarias, bolsas Erasmus, oposicións, smartphones e vida conxugal. Non sería exacto dicir que nos igualamos, pero nalgunha altura pretendemos considerarnos iguais. Con espanto portugués a miña avoa Avelina foi espectadora dese xigantesco e enganoso cambio social, e poida que aos seus 93 anos aínda estea a tempo de ver nacer unha nova servidume. Quen lle guindará o cantazo ao fillo do señor? "Algún día hai que arrepoñerse".

Belén Regueira é xornalista.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_