_
_
_
_
Reportaje:Luces

Escaparate e celebración da industria cultural

O terceiro Culturgal reúne as empresas do sector en plena crise

O abano de propostas abeiradas na Feira das Industrias Culturais, Culturgal, quere reflectir a identidade dinámica da creación galega cabo da súa realidade empresarial, que xera no país 26.000 postos de traballo directos e o 2% do PIB galego, segundo un informe elaborado pola Zona Franca de Vigo e o Consello da Cultura Galega. Desde hoxe, que abre as súas portas, até o domingo, o Pazo da Cultura de Pontevedra acolle a terceira edición dun evento ao que viu nacer en 2007 da man da Asociación Galega de Editores, que ao ano seguinte se trasladou á Coruña baixo a tutela da Consellería de Cultura e que non se puido celebrar en 2009 por mor da retirada sorpresiva do proxeto da Administración pública.

As cifras da economía cultural son 26.000 empregos e o 2% do PIB
"A crise afecta ao consumo e á industria, non á creación", di Amigo

A Asociación Cultural Culturgal, constituída o pasado xullo cos colectivos de profesionais, toma as rendas da organización do foro, de novo co apoio económico da Xunta. "O noso obxectivo é profesionalizar a feira e darlle continuidade", explica o presidente de Culturgal, Xulio Amigo, quen amosa a súa satisfación pola resposta do sector, representado a través de 70 expositores e unha oferta de actividades e de espectáculos para todos os públicos con acceso libre e gratuíto. "Neste contexto de crise económica, que afecta ao consumo e á industria pero non á creación, queremos contar a realidade dunha cultura vivísima e innovadora, participada por empresas que asumen grandes esforzos para adaptarse aos cambios", sostén Amigo.

As industrias culturais trocan as ameazas en oportunidades. Despois dun lustro de especialización no álbum ilustrado, a editorial pontevedresa Oqo vén de estrear división audiovisual. Oqo Filmes, que se presentará formalmente en Culturgal, realizou xa dúas series, Os contos do camiño e Caracois, animacións audiovisuais a partir do catálogo do selo e coa mesma premisa de calidade que rexe o seu labor editorial. "Aplicamos a máxima de que a nosa materia prima, as boas historias, é a nosa forza; mais cómpre experimentar porque o futuro é incerto. Nas películas buscamos complementos á lectura", explica, desde a editora, Eva Mejuto.

A historia do audiovisual galego está chea de contrastes. En 2008 facturou 249 millóns de euros, duplicou o seu negocio en oito anos. "Acabamos de vivir un éxito sen precedentes para Galicia: 9 Goyas e infindade de máis galardóns para Celda 211 e o premio da Crítica de Cannes para Óliver Laxe. Recentemente, outras dúas xornadas históricas, o 29 de outubro, cando se estrearon tres películas de produción galega (Retornos, A tropa de trapo e Vivir para siempre) e o venres pasado, cando se presentaron 18 comidas e The Way, que bateu marca de recadación", explica a presidenta da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), Dolores Ben, quen salienta, en paralelo, as dificultades de financiamento da época presente. "Nunha xuntanza de Agapi con Feijóo, este insistía en que o sector audiovisual ten que ir fóra, isto xa é un feito. Pero a Xunta, a TVG e as entidades financeiras deben seguir poñendo a semente, investindo e promocionando os proxectos. E tamén é necesario que a nosa televisión diversifique máis a contratación externa".

A industria musical hai tempo que principiou a súa reconversión e, polo momento, aguantan o tirón. "Para o ano que vén, as expectativas non son boas, xa que a importante rebaixa dos orzamentos públicos afectará directamente aos orzamentos dos promotores públicos, un dos grandes clientes do sector. Daí que teñamos que poñer as vistas no exterior e en rebaixar a dependencia do público, cuxos atrasos nos pagamentos, xunto coa falta de financiamento dos bancos xera problemas de liquidez", afirma Beatriz Fernández desde a xerencia da Asociación Galega de Industrias Musicais.

As 63 firmas galegas fornecedoras de contidos para as novas tecnoloxías agrupadas na Asociación de Empresas dedicadas a Internet, facturan 60 millóns anuais e xeran 1.000 postos de traballo directos. En Culturgal, o seu propósito é acadar "visualización transversal das novas tecnoloxías para demostrar á industria cultural que os novos soportes son compañeiros de camiño", explica a xerente de Eganet, María Xosé Jamardo.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_