_
_
_
_
Reportaje:Luces

O teatro invisíbel

As novas formas existen na dramaturxia galega, mais os seus impulsores constantan as dificultades para acceder aos circuítos de exhibición

"O novo teatro si que existe, o que pasa é que non se ve", non dubida Vanesa Martínez Sotelo (Cangas, 1981). A escritora e directora, que vén de estrear Kamouraska ao mando da compañía Inversa, conclúe no mesmo punto que crítica e colegas: hai procura dunha outra dramaturxia, pero non hai espazo sobre as táboas. "Teño unha sensación claustrofóbica", resume Afonso Becerra (Becerreá, 1973), tamén rexidor escénico, "por unha banda, dise que o teatro galego é unha charangada; por outra, os programadores levan 20 anos programando as mesmas compañías". Esta semana en Santiago, a Feira das Artes Escénicas permitiu comprobar o papel subsidiario que aínda ocupan as vías alternativas á escena convencional.

Matarile, fundada nos anos oitenta, foi pioneira da modernidade
Segundo a crítica, a renovación procede da interacción coa danza ou coa imaxe

Pero a primera dificultade consiste en diagramar qué obxecto pode responder ao epígrafe "novo teatro". "O discurso dramático", considera o crítico Camilo Franco, "non se estabelece entre o vello e o novo". Porén, a perda de centralidade do texto, a interacción coa danza ou co rexistro de imaxe en movemento, o despezamento dos personaxes, a ausencia de liñalidade narrativa e a lectura de Heiner Müller ou Sarah Kane son trazos comúns en determinadas agrupacións. Esas que recollen o testemuño de Matarile, nos anos oitenta pioneiros da modernidade da man de Ana Vallés.

Para Inma López Silva, profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo e quen saca o nome dos autores de Illa Reunión, a renovación nas táboas procede "do mesmo lugar do que procedeu a renovación na Europa dos oitenta e dos noventa, da danza, do vídeo". E nesas coordenadas traballan, entre outras, Elefante Elegante, NUT Teatro, Voadora ou Teatro Nu.

"Si que hai tentativas de novas linguaxes escénicas, tentativas de progresión, pero nin a crítica está preparada, nin os programadores", afirma contundente Becerra, "si está preparado o público". A súa última montaxe con Ónfalo Teatro, Na meta (Sálvese quen poida) do austríaco Thomas Bernhard, foi unha das tres escollidas para a feira por un xurado á marxe de criterios cuantitativos -público e número de funcións. "Os programadores dixéronlle á nosa distribuidora que a obra lles gustara, pero que non encaixaba nas súas programacións", lamenta, "e iso que é un traballo que conta co público, que non arrisca tanto, e no que se pode ver maxia, acrobacia, humor...".

Santiago Cortegoso (Domaio, Moaña, 1974) presentou estes días A filla de Woody Allen. Sobre a posíbel existencia dun "teatro novo", di con sorna: "Iso é como falar de se hai vida intelixente en Marte". Non lle prace excesivamente a etiqueta e prefire referirse a "novos creadores". "É certo que hai unha praxe máis contemporánea, aínda que a palabra non me gusta moito, e que se bota menos man dos textos de repertorio", afirma, e coloca a mesma reflexión que os seus compañeiros: "Outra cousa é a saída, conseguir distribuír os traballos. Iso é complicado, porque hai unha serie de compañías moi asentadas que ocupan os espazos".

O circuíto teatral en Galicia só existe en réxime institucional: a rede de Agadic -arredor de 50 escenarios-, os teatros das deputacións e as caixas de aforros. Matarile pechou hai anos a sala que mantiña en Santiago, a Galán, e só a Nasa, tamén na capital, ou o Ensalle de Vigo, que funciona máis con artistas foráneos, exploran as zonas non hexemónicas da dramaturxia. "O teatro, igual que o resto da sociedade galega, está en regresión, na infraestrutura e no creativo", esténdese Camilo Franco, "e non é que haxa falta de ambición, senón que hai certo medo". O crítico de La Voz fala do "mercado cautivo institucional" e da "rebaixa do artístico". "Noto nas compañías a procura dun teatro para un público masivo", engade.

E, con todo, a fórmula non funciona. Masivo, no contexto galego, significa 150 persoas no patio de butacas. "É que o teatro galego sempre tivo unha vocación experimental que debe abrirse oco na rede institucional, máis que crear unha alternativa", sinala López Silva, quen escribe sobre a escena para a revista Tempos Novos, "e ao tempo sempre houbo quen lexitimamente se preocupou máis pola normalización dos espectadores.". Camilo Franco non suscribe exactamente a apreciación: "Porque ao cabo, aquí o teatro galego sempre foi o alternativo fronte ao español".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_