A ilusión ao alcance da man
Un congreso xunta na Coruña a 700 magos do mundo
Teñen e son arte. Os ilusionistas galegos non descubriron a pólvora, nin os pos máxicos para aparecer ou desaparecer, pero lograron converterse nun referente nacional coa aplicación dunha das máis vellas estrataxema do mundo: a unión fai a forza. Asociarónse como profesionais e conseguiron o que a maioría dos seus colegas no resto do España aínda loitan por ter: Galicia é a primeira comunidade en recoñecer oficialmente a maxia como arte escénica, un galón acadado en 2006 que lle abre a porta a entrar no reparto de axudas públicas á produción e á difusión de espectáculos culturais, no mesmo rango co teatro, a danza ou os monicreques. E esta terra de lendas, de mouchos, sapos, coruxas e meigas é, con diferencia, a que celebra máis festivais de maxia de todo o Estado.
A Asociación de Magos Profesionais de Galicia é única en España
A Xunta eliminou as axudas ao sector e reaccionou por mor das protestas
Demostración de forza é o Congreso Nacional Máxico que reúne ata o domingo na Coruña a máis de 700 prestixitadores de todo o ancho do mundo. É a primeira vez que os magos galegos son os anfitrións deste cónclave anual, que conta xa 30 anos de percorrido. E fixeron gala de poderío ao converteren unha asemblea ata agóra só para profesionais e afeccionados nunha festa aberta a calquera tipo de público e idades que se espalla en todos os recunchos da cidade.
"Non sei se somos a envexa dos demáis, pero é certo que se nos felicita e consulta moito para saber cómo fixemos para ir subindo chanzos e chegarmos cada vez a máis público e recoñecemento", conta Martín Camiña, presidente da Asociación de Magos Profesionais de Galicia. Con 20 socios, desde o veterano Mago Antón atá os máis novos pero xa premiados da profesión, a asociación é tamén única en España.
O seu mozo presidente, especialista da ilusión de cercanía con delongada traxectoria malia ter só 27 anos, proclama con orgullo que a maxia, en Galicia, é agora máis accesible que nunca. Está ao alcance de todos, tras as intensas negociacións de hai catro anos coa Xunta para acadar recoñecemento e un circuíto de maxia, o único en Europa, que percorre medio centenar de concellos e conta cuns 20.000 espectadores.
Detrás do bum da prestidixitación, en parelelo ao labor dos profesionais, tamén está a inestimable acción dos 400 apaixonados da prestidixitación que, organizados en sociedades locais -hai unha en cada cidade-, contribúen a salferir por toda Galicia maxia con entidade e tamén identidade propias.
"É certo que temos un peso profesional e que estamos moi ben considerados no resto de España, a maxia galega acadou valor e prestixio", corrobora Kiko Pastur, o ilusionista galego máis premiado. Este especialista en efectos e trucos cos naipes, de 34 anos, é o coordinador desde semana internacional que enche de espectáculos de ilusionismo a súa cidade natal. É salienta que, ao entrar nos circuítos culturais das deputacións e dos concellos, a prestidixitación non só gaña público, afeccionados, senón tamén variedade. "Ao haber máis demanda, tamén hai máis oferta, a nosa arte foi evolucionando e agora é máis versátil", engade.
Nos innumerables festivais misturánse trucos, efectos e ilusionismos do todo tipo. Os magos galegos apostan pola innovación e tamén son recoñecidos como especialmente creativos. Entre os principais cometidos da asociación de profesionais está organizar actividades máxicas non só con contido lúdico, senón tamén didáctico para todo tipo de público, sen esquecer ademais promover espectáculos con mensaxes sociais reivindicativas. E fomentar e difundir a maxia en lingua galega, outra das tarefas preferentes dos profesionais. O seu soño é a creación dunha escola oficial.
Pero aínda queda camiño por percorrer. Todos os logros que permitiron o despegue e actual prestixio do ilusionismo galego acadarónse durante o mandato do bipartito na Xunta. Este ano sufriron un retroceso ao desaparecer do reparto das axudas públicas. "Vale que a crise obrigue a recortar os proxectos e as subvencións, pero non que se eliminen totalmente", explica Camiña.
Finalmente, o Goberno galego reaccionou ante a protesta reivindicativa dos magos, que fixeron en xullo unha pequena xira de espectáculos polo Camiño de Santiago para reclamar máis apoio á súa profesión. As producións e festivais de maxia volven aparecer na convocatoria de axudas, aínda que despois de gozar de categoría propia durante cuatro anos agora son asociadas ao teatro. "Pero cada vez hai más concellos e institucións que nos reclaman, e agora chegamos a moitísimos máis sitios que hai catro anos", indica Camiña. A maxia galega está de moda.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.