_
_
_
_
A VER | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

A mudanza na cultura

No prazo de dúas semanas cerraron dous medios de comunicación en lingua galega case heroicos, unha web, Vieiros, e un semanario, A Nosa Terra: non son feitos illados. Ten a ver coa desprotección da nosa lingua e que esta Administración agudizou. Todas as linguas precisan apoio dunha administración, a nosa non o ten e quen traballa na nosa lingua non o ten.

Alén diso está a ocorrer un proceso no que todo está en cuestión. A crise económica foi a manifestación na superficie dunha crise de transformación máis profunda que marca efectivamente o comezo dun novo século e un novo tempo, con cambios económicos, sociolóxicos e psicolóxicos. Hai quen discute o alcance deses cambios reducíndoos a mero cambio de formato, do analóxico ao dixital. Coido que iso nace dunha actitude defensiva: a nosa civilización entrou nun novo estadio e o analóxico é un herdo que xa dentro do novo mundo, que xa é dixital. E iso ten consecuencias. Aínda non naceron ideoloxías novas, polo momento só se enxerga unha crise da política e tamén o descrédito das institucións e autoridades de todo tipo. O xerárquico e vertical está a ser roído pola base, a xente está a autoorganizarse e autoabastecerse horizontalmente e en rede. Esta nova cultura réinalle especialmente ás novas xeracións que, por varias causas, non acaban de integrárense no entramado social existente. Porén mudan tamén os hábitos e as demandas das persoas de todas as idades. O campo da cultura non escapa a iso: a industria cultural está en crise, en dous ou tres anos terá outra forma.

O problema que ten a cultura galega non é que sexa antiga, é que é vella. Custa crelo, mais a cultura galega era ben máis moderna nos anos sesenta e setenta que arestora. Daquela non estaba instituída e todo era acción e procurar alcanzar a sociedade. Por outra banda, como non tiña existencia administrativa, non era legal, non tiña límites ideolóxicos nin administrativos. A fase en que estamos, esta que está en crise, comezou nos anos oitenta coa chegada da autonomía. Como a autonomía non foi interpretada por quen cría no autogoberno político, no canto de ser un instrumento útil, transformouse nun molde e nunha ideoloxía. O galego acabou por reducirse a unha canle de televisión antropolóxica e á asignatura de lingua galega; en paralelo deuse a "autonomización" dos estudos do galego ao escindírense do portugués. Na práctica foise creando unha cultura conformada por unha ideoloxía rexionalista, limitada ao autoconsumo e dependente da Administración. A cultura galega hoxe ten dimensión, fasquía e natureza autonómica, isto é, subalterna e dependente, e rixidamente instalada dentro da cultura nacional española como unha anomalía rexional.

Con todo, non hai un fracaso total da cultura galega, pois se observamos o que acontece na Rede veremos que aí a presenza do galego é moi superior aos medios impresos e á representación social: na Rede, fóra da institución, o galego está vivo da man de xente nova moi activa.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_