De Romaxes e presuntas excomuñóns
Días atrás, este xornal publicou unha reportaxe sobre a Romaxe de Crentes Galegos, que ven celebrando ininterrompidamente un grupo numeroso de cristiáns galegos desde hai máis de trinta anos. Alí se recollían diversas informacións e opinións sobre dela; tiñan desigual acerto, sobre todo unha feita coa falsidade dun pseudoultra que busca notoriedade a calquera prezo. A pesar de que o que isto escribe é o autor do único libro que existe das Romaxes, ao que remito para un coñecemento máis axeitado do que estas representan desde o seu comezo (A Romaxe de Crentes Galegos. De Irimia a Santa Margarida, Santiago 1998), non era citado máis que ao remate; e co nome mal escrito... aínda que se dixera alí que era "un dos creadores". Verbo disto último, estou relacionado coa Romaxe case desde o comezo, pero non fun o seu artífice; esta foi creada por amigos cos que sigo en relación, aínda que moitos máis axudamos a que seguira sendo ata hoxe.
A Romaxe de Crentes Galegos é expresión da fe fonda dunha auténtica comunidade cristiá
Pero o máis grave era que se remataba o artigo con dúas afirmacións inexactas e aínda falsas. Dicíase que Andrés Torres Queiruga fora "sometido a xuízo pola Congregación para a Doutrina da Fe" e que eu fora "excomungado". Posiblemente isto se dixera por descoñecemento de quen o escribiu, pois o artigo manifesta simpatía polas Romaxes, aínda que fora interpretado por xente avesa como un ataque a elas. Este mesmo xornal recoñeceu a falsidade destas afirmacións ao día seguinte nunha Fe de errores. De todos xeitos, como quod scripsi scripsi, o que se escribiu -e aquí multiplicado pola edición nun xornal de longa tirada- escrito queda, compre facer algunhas aclaracións.
A primeira, que o teólogo galego e internacional Andrés Torres Queiruga non está "sometido a xuízo pola Congregación para a Doutrina da Fe". Aínda que sexa investigado por esta e fora obxecto dun intento frustrado de apercibimento por parte da Conferencia Episcopal Española.
E a segunda, que eu non estou "excomungado". Esta presunta excomuñón suporía un afastamento da vida da Igrexa católica, cousa que non desexo, polo meu apego e agradecemento a esta, berce da miña fe cristiá, e por tanta xente coa que comparto esa vida da fe; sobre todo pola comunidade coa que o fago cada semana, algúns escandalizados pola afirmación vertida nas páxinas citadas. Con todo, eu e moitos católicos adultos tentamos vivir con liberdade a nosa fe cristiá, tendo en conta con respecto e cariño ás xerarquías eclesiásticas, pero non como referentes autoritarios absolutos desa fe, senón como irmáns que teñen unha responsabilidade particular na Igrexa, pero que tamén deben escoitar ao pobo de Deus para ser fieis á verdade do Evanxeo de Xesús Cristo.
Finalmente, fronte aos insultos que a Romaxe ten recibido nos últimos tempos por parte de webs ultras, empeñadas nunha verdadeira cruzada contra elas, cómpreme dicir que esta é expresión da fe fonda dunha auténtica comunidade cristiá. Máis aínda, como escribía dela o decano dos xornalistas relixiosos do país -o tamén galego José Manuel Vidal-, é "o diamante da Igrexa galega", a súa "honra e gloria", un dos "pulmóns espirituais da nosa terra", "unha romaría de fe encarnada na realidade galega". Os inquisidores da Rede téñena no seu punto de mira porque representa unha realidade evanxélica que vai contra os seus intereses políticos. Pero non conseguirán acabar con ela; deixaremos de facela cando nós queiramos e o decidamos libremente.
Victorino Pérez Prieto é teólogo. O seu último libro é Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario (Galaxia)
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.