Monólogo exterior
Alguén escribe algo. Pásallo a Amigo. Este responde. Gústalle. Todo o que, alega, lle pode gustar algo que se sustenta nun presuposto erróneo. "Esqueciches a paisaxe, non hai fóra, é todo mergullamento interior". E no interior, segue, non hai nada. No centro de todo, no fondo, non hai nada. Esquece a psicanálise. Alguén non chega a entender. Para el, Amigo é absolutamente iso. Cre dominar as súas claves. E pensa que o que fai Amigo é pura voz interior, puro ruído da cabeza; colapsado, embebido. Si, hai mirada externa, e saen ou descríbense cousas, lugares, xente. Pero nunca deixa de ser -nin sequera de intentar ser- mirada. Mareantemente subxectiva. E agora argumenta o contrario. Dillo así, replícalle. Enfédanse. Crían estar máis preto. Gustáballes compartir. Parecían compartir moito. Recitadas unha a unha, as súas preferencias culturais son moi semellantes. Elixiron cousas e fixérono nunha secuencia análoga. Agora, en troques, esa afinidade revélase como un envase, oco. Os feitos non mudaron, pero si o enfoque. O punto de partida parece o contrario. Alguén tende ao acordo, degoxa a harmonía. Amigo parte de que non é posíbel, parece estar cómodo aí. Alguén quere comprender. Non entende a Amigo e quere facelo. Proponlle estirar a dialéctica: "Iniciemos unha correspondencia, a fondo, sobre isto". Amigo suxire unhas pautas: cada un escribirá un word á semana, dunha páxina. Numeraranos. O enunciado implícito é Exterior vs Interior. Cada un ocupa unha fronte. Amigo ensaia cousas tipo: "Interésame a paisaxe porque é o que nos vén dado. Sempre penso que o que fago non debe sair de dentro, que a deformidade non sexa a miña responsabilidade senón do azar, da falta de destreza ou dunha recoñecida preguiza. Dende o romanticismo, o subxectivo manda. Na miña opinión, o subxectivo conduce á incomunicación. O que trato de dicir é que odio a intención, creo que case calquera intención. Máis concretamente, o que me repele é a vontade artística". Alguén replica: "Non tén que sair de dentro, dis. Que sexamos simples notarios, levantando acta. Pero acender a cámara, o computador, mollar o pincel xa é un algo recreativo. Falta o extra, que sempre, en todos os casos, é interior. Falas de decapar todos os estilismos, abrogar o manierismo. Iso é un estilo en si mesmo. Pouca carga no pincel, pouca gama na paleta, a mesma tipografía para todo o libro, as frases podadas, o filme case sen guión, espontáneo. Preparar a espontaneidade. Iso é algo extremadamente sofisticado. A transparencia abrillantada con miles de pasadas de rebezo". O asunto non avanza; as posicións son moi próximas, e, á vez, extrañamente irreconciliábeis. Ao mes, perden interese. Tacitamente, ambos os dous chegaron á conclusión de non saberen explicarse. Ou de non estaren á altura do propósito do intercambio. Abandonan. Preguntado dous anos despois, Alguén cre estar en disposición de entender o que dicía Amigo. Cre que se moveu cara a Amigo. Cre estar máis preto da paisaxe. Pero agora, sente, está cheo de novas preguntas.
O último libro de Antonio Doñate é La paz social (Caballo de Troya, 2009)
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Las estafas rumbo al Mundial crecen ante la alta demanda y la falta de regulación
El Madrid choca contra un rocoso Mónaco en la Euroliga
El clima extremo azota Estados Unidos de costa a costa en estas navidades
Salvador Illa usa su mensaje navideño para alertar sobre el auge ultra: “Sin humanidad no se puede construir un país”
Lo más visto
- De celebrar el Gordo a temer no cobrarlo: la comisión de fiestas de Villamanín se dejó en casa un talonario vendido antes del sorteo
- Maisa Hens, cantante: “Gracias al anuncio de El Almendro no tuve que volver a hacer un ‘casting”
- Los socialistas valencianos reclaman a Feijóo que entregue a la jueza de la dana la conversación íntegra con Mazón
- La obsesión de Trump por poner su nombre a todo carece de precedentes en Estados Unidos
- “Un jardín con casa, no una casa con jardín”: así es la premiada vivienda de 146 metros cuadrados que se camufla con la vegetación




























































