_
_
_
_
INÉDITOS CON FIRMA | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

A muller e as pombas

Agora debe andar polos 70, pero hai xa ben anos que a vexo co seu camiñar decidido pero sen présa, porque se trata de quen anda sabendo onde vai. Non sei dela máis que o que vexo e o que imaxino. Vai pulcramente vestida. Non sempre leva a mesma roupa, que a muda con frecuencia, pero sempre é moi parecida unha á outra. Pendurando aos dous lados do corpo porta dúas bolsas de bo tamaño. Son bolsas de armelas metálicas, que ela suxeita con firmeza. Sempre van cheas, acuguladas de non sei que, pero ben se ve que pesan polo xeito no que se abanean canda aos seus andares: van adiante e atrás pero non soben nin baixan. Qué levará nelas? Porque non se ve diferenza no vulto se me cruzo con ela pola mañá ou se o encontro é ao anoitecer.

O seu rostro está renegrido, coma se tomase o sol verán e inverno, vaise acartoando pouco a pouco e as engurras afondan nel coma regos secos. Os beizos primorosamente pintados de vermello e os ollos, azuis, case transparentes a non ser por unha lixeira veladura que lle dá unha certa tristeza ao seu ollar, tamén arrodeados dunha raia azul. Con moita frecuencia véxoa camiñar por un centro comercial deses de moitas tendas. Sei que anda por alí porque no verán estase fresquiño e no inverno quentiño, eu tamén vou ás veces.

Mentres camiña fala. Fala soíña. É unha continua conversa consigo mesma. Un diálogo coas súas pausas despois dos argumentos incontrovertibles que unha parte da súa alma lle dá á outra. Por iso lle teño entendido que despois deses curtos silencios di: "Claro. ¡Ai, iso si! Niso tés razón" e outras expresións afirmativas, de asentimento consigo mesma. Non parece unha vagabunda, a súa limpeza e coidado no vestir e no se acicalar, fanme pensar que ten un fogar.

Téñoa visto varias veces nunha praciña. De pé, no medio e medio, a debullar un codelo de pan vello e arrodeada de pombas que comen aos seus pés cunha arela desmesurada, coma se tivesen fame atrasada. Unha parte importante da moita mercancía que leva nas súas pesadas bolsas de armela, deben ser eses anacos de pan para lle dar ás pombas. Estoutro día volvía estar na praciña, na mesma actitude de dar faragullas de pan ás pombas. Falaba coma sempre, pero parecía facelo cos animais. E ría, ría seguido. Unhas risadiñas a media voz que espellaban a felicidade que aquel momento lle enchía o corazón. Desaparecera aquela veladura de tristeza nos seus ollos azuis.

Daquela chegaron dous gardas municipais. Falaron algo entre si e un encamiñouse cara á muller. Chegou onda ela e díxolle: "Señora, está prohibido polas ordenanzas municipais dar de comer ás pombas". Daquela fuxiron as aves e, sen mirar para o garda, a muller colleu as súas bolsas e botou a andar besbellando a súa ladaíña. Vin baixar a velida a se lle poñer nos ollos. Eu tamén virei as costas e marchei, téñenme moi avisado os fillos que non me meta en leas cando vou pasear. "Ti non tes que amañar o mundo", dinme. Quería dicirlles aos gardas que, antes que rachar un corazón de cristal, era mellor dar orden ás pombas de non cagar.

O último libro de Xabier P. Docampo é O libro das viaxes imaxinarias (Xerais, 2008)

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_