_
_
_
_

Do concurso ao focos do espectáculo

Daniel Bellón non se queda con ningún gaiteiro en particular. "Admiro a todos os que se dedican á gaita", asegura sen asomo de non crer no que di, "nun eido tan difícil para se manter e vivir como a música". Mais, acto seguido, deixa escapar a súa querenza de fan: "O que está aí arriba, con méritos máis que sobrados para estar aí arriba é Carlos Núñez". Bellón foi alumno do gaiteiro vigués nun curso de perfeccionamento desenvolvido en 2001. "Esta ao nivel dos artistas máis altos", expón, e continúa: "Aquí sempre houbo moita envexa, pero Carlos Núñez é un referente. Pode gustarche ou non, pero é boísimo e quen diga o contrario, mente".

Fóra, ou antes, do espectáculo folk, están os concursos de gaiteiros dos que Daniel Bellón forneceu o seu palmarés. "Non, non son descendente de Constantino Bellón, investigueino e só compartimos a zona natal", comenta divertido. Co patronímico Constantino Bellón convócase, dende 1991 e polo Ateneo Ferrolán, o certame de gaita máis concorrido do país. Para Daniel B. foi en tres ocasións, pero a listaxe de vencedores ratifícase anos despois ao esculcar na paisaxe da música tradicional: Pepe Vaamonde, Suso Vaamonde, Óscar Miranda,Brais Monxardín e Pablo Devigo foron algúns dos galardoados, as máis das veces tras interpetar pezas de composición propia, obras tradicionais e versións de músicas académicas (J. S. Bach ou Olivier Messiaen).

Na edición de 2009, o Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón celebrouse, por vez primeira, sen o apoio económico da Xunta. O Concello de Ferrol e Deputación da Coruña achegaron os cartos necesarios para un concurso que distinguíu a Jesús Rodil por unha melodía titulada Lugrís.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_