_
_
_
_
NOTAS A RODAPÉ | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Equilibrio e igualdade

A mobilización cívica en defensa do galego dos últimos meses devólvenos razóns para a confianza no futuro. Acabamos de gañar unha batalla decisiva, ao derrotarmos unha estratexia que pretendía desandar o camiño andado nas últimas décadas. A experiencia tamén está servindo para pór en valor conquistas alcanzadas no entretempo, como a Lei de Normalización Lingüística ou o Plan Xeral de Normalización. É certo que a principal institución da nosa autonomía, a Xunta, sufriu unha seria erosión de lexitimidade ao traizoar o idioma do país (unha das xustificacións máis obvias da súa propia existencia). Pero, con todo e iso, Galicia puido comprobar que a súa lingua propia conta con certa protección institucional, ao menos simbólica: velaí están a Real Academia Galega e o Consello da Cultura.

Se a Xunta quixese o equilibrio de linguas, non se empeñaría en recortar o galego nas escolas

E, miren por onde, temos que agradecerlles de novo (e con máis razón ca nunca) a Ramón Piñeiro, Carlos Casares e outros galeguistas o seu labor de recuperación da Academia, o seu empeño en arborar o Consello, e, en definitiva, o seu impagable contributo para erguer o armazón legal que dá algún abeiro ao idioma e a cultura do país.

- Unha estratexia esgotada

A resposta do PP á proposta institucional e ao ditame do Consello da Cultura sobre as Bases para o decreto do plurilingüismo, dá a medida do esgotamento de certa política. O Consello propuxo traer a cuestión do idioma ao terreo da negociación e o acordo (sacándoa do torbeliño da campaña electoral permanente en que aquel partido a mergullou), mediante a constitución dunha comisión parlamentar que pactase un desenvolvemento consensuado do Plan Xeral de Normalización que o propio Parlamento aprobou. O PSdeG e o BNG votaron a favor. O PP votou en contra. Un par de corifeos aplauden. O público toma nota.

A resposta ao ditame constitúe un episodio significativo en varios aspectos. Comezando polos formais, sempre descoidados polo equipo de inexpertos arrogantes que andan á volta do presidente. Resulta que goberno vai e contesta ao ditame oficial solicitado a unha institución mediante unha nota de prensa descualificadora. Como assim? (permítanme expresar o abraio á moda brasileira). Seguindo polos tempos: tanta présa había por saír ao paso, que a lectura do ditame rematou no capítulo introdutorio, que toca de pasada o asunto da inmersión lingüística. E acabando polos contidos, unha mecánica reiteración da ladaíña disparatada que asocia a tal inmersión co nacionalismo. Todo un indicio de que se quixo situar o asunto no estrito terreo da propaganda.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Velaí o estilo carente do mínimo rigor ao que nos estamos afacendo: decisións improvisadas, precipitadamente arroupadas cun discurso irreflexivo, e un Goberno que vai e vén ás reviravoltas, seguindo a mudable dirección do vento. En cuestión de meses deslizámonos por unha vertixinosa escorrumpela (tobogán, na fala de Muros), desde o idilio preelectoral ata o ruidoso divorcio postelectoral con Galicia Bilingüe, e desde o coqueteo coa segregación lingüística a unha dangerous liaison co inglés, ao tempo que faciamos as beiras a un innovador modelo de linguas á carta. A última hora, coa metade do partido amoucado, o enteiro sector educativo en pé de guerra e a xente botando as mans á cabeza, ponse o acento no equilibrio. Tarde piaches, roliña...

O noso ordenamento legal oriéntase á procura da igualdade entre as dúas linguas oficiais. Quen di igualdade, di equilibrio. Pero ese ordenamento constata unha realidade evidente: partimos dunha situación de desigualdade entre os dous idiomas (enténdase sempre: entre as persoas que os falan), pois un deles foi brutalmente maltratado, e o outro recibiu un trato de privilexio. Para conseguir a igualdade cómpre outorgar á lingua desfavorecida un tratamento diferenciado, que compense a desvantaxe. Un dos ámbitos en que o estado pode influír máis, e de xeito máis eficaz, é o sistema educativo. O galego require unha presenza reforzada na educación. Xa que logo, o equilibrio non se traduce nun reparto a partes iguais entre os dous idiomas. Ese reparto pode resultar inequitativo e desequilibrador.

Se a Xunta quixese conseguir o equilibrio, non se empeñaría en recortar a presenza do galego nas escolas e institutos, senón que promovería a súa difusión noutros ámbitos da vida social, onde esta é moi deficitaria: as universidades, os medios de comunicación, as actividades comerciais... Xa é casualidade que o afán equilibrador do PP fose concentrarse en facer recuar o galego naqueles (escasos) ámbitos onde conta cunha presenza reforzada! Non podería dirixirse a aqueloutros (esmagadora maioría) que o castelán ten monopolizados? Sen dúbida, isto dotaría de maior credibilidade a cacarexada política do equilibrio. Verán iso os nosos ollos? Wait and see.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_