_
_
_
_
_
Reportaje:LUCES

Tractorada contra todos

O pop "furioso" de The Homens e Novedades Carminha volve con novos traballos

O punk está cheo de teorías conspiratorias sobre cómo intentan desactivalo, con boas intencións artísticas ou con publicidade e boa produción a secas. Os composteláns Novedades Carminha (NC), estudantes de Xornalismo en Madrid, teñen actitude ao respecto: "O que nos mola é rimar en asoante asco e Rosalía de Castro, por exemplo". Nalgúns foros chámanlles "españois" ou "anarquistas de dereitas", sen especificar cantos insultos son eses. E eles só queren divertirse.

Gústalles ir vestidos como Richard Hell, que para ser punk en Nova York era bastante pijo, "porque é máis fácil que atopar as gafas de Castelao", pero están máis preto do 77 inglés, do primeiro hardcore punk e do situacionismo tardío do rock estatal ca de "hippies e dinosauros como Iggy Pop ou Jello Biafra".

"O bravú e Os Tonechos son os culpables do fracaso escolar"

Novedades Carminha e The Homens coinciden agora en Lixo Urbano, excepción de seu por ser casa común do underground en Galicia (a outra é a coruñesa El Beasto). Te vas con cualquiera, de NC, e Cuarta potencia, de The Homens, véndense como exemplos de power pop, "pero é que iso é punk", recorda o trío compostelán. "Moitos grupos actuais están nesta onda, Cute Lepers, Clorox Girls, The Toyotas... Incluso Black Lips". Se van cara algún lado, din, é "cara á obesidade". "Todo o que gañamos gastámolo en pó, churrasco e Larios, coma os maderos".

A idea segue aí: "O que realmente mola é cuspirlle na cara aos intelectuais que nos veñen ver, e que por riba rían coma tontos". Quizais para compensar, hai mostras de rock universitario como Prove my love (Violent Femmes), e algún eco dos primeiros Siniestro Total en No uso condón ou Échame gel, antes de que bandas como Los Contentos cuñasen un rock galego en balde.

Unha das teimas do seu minidebú en casete (Grandes éxitos, 2008) está incluída no cedé. O redondo Mata ao teu pai (Papá é un bravú/ batireille nos dentes/ Papá é un puto folki/ Ficará doente) é unha das engádegas de Te vas con cualquiera. Vólveno explicar con gusto: "Para pailán, yo más mi padre. O bravú e Os Tonechos son culpables do fracaso escolar, do retraso ético e estético e da falta de hixiene nalgúns casos". De cómo algo así puido filtrarse como propio na altura dos 90, máis alá de Los Rastreros -os bravús cantaban en galego, pero xa o facían antes Fame Neghra- non teñen dúbidas, pero xa entón se facían chistes sobre cales serían os seus efectos, alén de empregar a algunha xente. Aos NC, nenos daquela, teríalles gustado "participar nunha tractorada contra o CGAC", pero aínda non houbo ocasión.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Con máis obrigas relacionadas coa necesidade de producir, os tres homens de sempre -Martin Wu, Roi Fernández e Xocas López- son agora catro en Cuarta potencia. Cristobo Patiño (Gardening) introduce teclados e novas percusións. No equilibrio entre ruído e melodía, este disco xa non é como Tres (Falcatruada, 2007), o seu primeiro longo. "Repetirse un pouco é inevitable, pero facelo todo o tempo é un coñazo", convén Martin Wu, que ademais é pai recente. Gravado outra vez nos estudos Ultramarinos Costa Brava, en Sant Feliu de Guíxols, parada habitual de Charades ou Nova Vulcano, metéronse alí pensando nun disco "contido", pero ao final as cancións pedíanlles "furia e castaña". Hai máis psicodelia británica porque a estiveron escoitando compulsivamente. E se entre os silencios poden ecoar The Posies, di Wu, ata sería cousa boa. "Oxalá. Fáltannos talento e quilos".

No seu retorno a Lixo Urbano tamén chaman a atención unhas letras con "máis mala hostia". Queima este lugar, estoupa porque si, centos de pescozos por curtar, máis o falsamente esperanzado Vimos contar que isto non é o final, non son codas poselectorais ao Ano Piñeiro, senón apuntamentos sobre o rescate do capitalismo con diñeiro público: "Metéronnos a man na carteira e ninguén deu un chío". Aínda non os contrataron para o programa Raíces do Xacobeo, pero seguen esperando. Resúmeno os máis novos, 30 anos despois da victoria de Margaret Thatcher. Botando man dos clásicos, Today your love, tomorrow the world. "Primeiro o Apóstolo, despois o punk".

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_