_
_
_
_
Reportaje:Luces

Tokio aplaude o cinema galego

'Relatos', do realizador Mario Iglesias, é o único filme español seleccionado no festival mais importante de Asia

"A acollida foi estupenda, a sala estivo chea, o público aplaudiu moitísimo e os xaponeses non pararon de facer preguntas ata agotar o tempo". Así de entusiasta se manifesta desde Tokio o cineasta galego Mario Iglesias, que esta semana abriu co seu filme Relatos, o Tokio International Film Festival (TIFF), a mostra cinematográfica máis importante de Asia e aspirante a ser unha das mais relevantes do mundo. A súa película ten a honra de ser o único filme español seleccionado entre as 16 obras de todo o mundo que compiten polo galardón ó mellor filme, decidido por un xurado que preside Alejandro González Iñárritu, director de Babel ou Amores perros, co que no seu día gañara este certame. Iglesias leva toda a semana na capital do Xapón, onde tivo o privilexio de abrir a sección oficial deste festival, no que só foron elixidas catro producións de fala hispana.

"Os xaponeses conectaron coa historia igual que en Pontevedra"
A película, con actores afeccionados, custou únicamente 500.000 euros

Como gusta de definir o director, Relatos é "unha historia de historias", onde unha tímida ama de casa e escritora afeccionada que sofre episodios de pánico nocturno acode a un psicoterapeuta. A partir de aí van xurdindo cinco historias entrenzadas que acaban tendo un efecto terapéutico na protagonista. "Sorprendeume que os xaponeses conectaron coa película e coas cuestións de fondo, igual que calquera persoa de Pontevedra", explica Iglesias. "A película é moi galega, pero de temática universal".

Antes de chegar a Tokio, a película xa fora seleccionada tamén no prestixioso Festival de San Sebastián, dentro da sección Made in Spain, que dá a coñecer o máis novidoso da produción española do último ano, e onde só foron escollidas 15 obras. O filme xa espertara a curiosidade dos xaponeses uns meses atrás, no certame Madrid de Cine, onde programadores de todo o mundo acoden a ver producións españolas. Según reza a web deste evento, Relatos foi un dos máis solicitadas de entre os 225 títulos que se ofrecían. Non é a primeira vez que os filmes de Mario Iglesias son seleccionados en festivais internacionais. Outra película súa, De bares, que ten unha estructura semellante á de Relatos, foi estreada na Seminci de Valladolid en 2006, e seguiu un interesante periplo por diversos certames do mundo: desde Alemaña a Brasil, pasando por Francia ou Estados Unidos. De bares, sobre a que teñen dereitos TVE e a TVG, é seguramente unha das fitas mais atractivas que se teñan feito nos últimos anos en Galicia, pero a súa presenza nos cines foi efémera, por poñer un calificativo xeneroso. Con outras tres películas rodadas anteriormente tivo menos sorte, pero o que ninguén lle pode negar é a fe cega no seu traballo, e o seu ánimo irreductible para dar a coñecer a súa singular mirada: "Creo noutro tipo de cine, e esfórzome en demostralo".

Formado en Belas Artes, Mario Iglesias (Pontevedra, 1962) decidiu un día abandonar as artes plásticas e explorar o terreo do audiovisual. Desde 2000 ten rodado cerca dunha vintena de curtametraxes e colleitado numerosos premios en festivais de curtas de Galicia e o resto de España, algúns tan importantes como o Versión Española de TVE, que recoñece a mellor curta iberoamericana, e que recibiu no ano 2006 por Madres, unha peza que é un dos xermolos de onde parte Relatos, o filme que agora exhibe en Tokio.

Rodando cámara en man, exento de complexos, os seus filmes transmiten unha frescura propia de quen traballa co que el chama "actores naturais", moitas veces amigos ou coñecidos seus, ós que decide darlle a oportunidade de actuar. É o caso de Concepción González, a protagonista de Relatos, unha terapeuta na vida real, que nestes días o acompaña no seu periplo asiático e saborea o éxito como actriz debutante. Moitas destas persoas que Iglesias reconvertiu en actores ou actrices, teñen levado premios en varios festivais, o cal demostra a rendibilidade que lle pode sacar a este tipo de intérpretes. "Coa cámara na man fago o que me pide o corpo, e hai moito terreo por explorar, nunha vía próxima ó documental e traballando con actores naturais poden abrirse posibilidades moi interesantes", comenta o realizador pontevedrés á hora de definir o seu persoal estilo de rodar. "Vendo películas Dogma ou dalgún cine francés percibín que non son necesarios grandes presupostos para contar boas historias. Móvome con comodidade no baixo presuposto e non creo que precise máis cartos", explica Iglesias sobre a súa filosofía de traballo.

Relatos, producido por Matriuska, conta cun orzamento duns 500.000 euros, unha cantidade irrisoria comparado incluso cun filme español de presuposto axustado, que se pode mover entre dous e catro millóns de euros. A cantidade non dá para moitas alegrías, así que cando soubo que o selecionaran para estar en Tokio decidiu pedir axudas á administración para os gastos da viaxe. Só recibiu apoio do Concello da súa cidade. Do resto non obtivo resposta. "Paréceme ben que Cultura apoie unha película galega en Venecia, pero este é un festival dos máis importantes do mundo, e creo que tamén merecemos algo de atención", declara decepcionado, se cadra pensando que aínda o mellor pode está por vir: acaba de recibir unha solicitude de visionado do mesmísimo Festival de Sundance, a meca do cinema indie, outra petición de Italia e está en contactos cunha distribiudora canadiana. En Galicia agarda ter mellor sorte na distribución que nos seus filmes anteriores, e mentras tanto apura os últimos días en Xapón: "Aquí hai ceas e cerimonias ó mais puro estilo Hollywood, e os xaponeses trátannos de marabilla, estamos encantados".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_