_
_
_
_
Reportaje:Luces

"O real interesa máis cós labirintos imaxinarios"

Cid Cabido publica en novembro 'Unha historia que non vou contar'

"Cambiaron moitas cousas", di Xosé Cid Cabido. O escritor limiao, de 50 anos, segue sen deixarse fotografar, pero volveu falar coa prensa: "Todo parece indicar que a xente que vive en galego volverá ser marxinada. A estrema dereita contraataca, e nestas condicións non é posible inhibirse".

E segue: "Alguén debería dicir, por exemplo, que se aínda hai escritores galegos que publican artigos en castelán na prensa de ámbito galego, quizais sexa porque non conseguimos superar plenamente o XIX".

Entrevistado antes da floración de plataformas en defensa do idioma, co apoio do correo electrónico -edita e corrixe para Xerais, vive entre Cangas e Vigo-, o autor de Grupo abeliano volve ao torreiro c'Unha historia que non vou contar. Tres anos despois de Blúmsdei, homenaxe a Joyce en clave de despedida -comezando pola metáfora da sociedade coma "unha especie de cona con dentes de tabeirón"-, Cid fía agora retallos dun suceso que azougou Vigo "entre 1973 e 1974". Non quere adiantalo, pero o libro inclúe entrevistas reais, reconstrución histórica e un narrador "facendo que o material lle vén do ceo".

Más información
Esta non é outra xeración perdida

Fala dela como faction literature, cun pé en A sangue frío, pero non é autor de tipoloxías dramáticas. Os xéneros, a filoloxía e a literatura tamén son materiais literarios. Para o humor e para a ficción (ou a non ficción) en xeral: "O que me interesa é a variación e a imprecisión, ou a sorprendente precisión, da memoria e as diferentes perspectivas". Se Capote se documentou en directo para facer a versión literaria do asasinato dunha familia de Kansas, el renuncia de partida ao relato clásico. "Limítome a montar as diferentes versións e testemuñas, de xeito semellante a Andrew Jarecki no filme Capturing the Friedmans". Doutro xeito, mencionando o traballo poético de Robert Lowell -que tirou versos da correspondencia privada, insultos incluídos-, trátase outra vez de "escribir do que un coñece e transgredir a liña que separa a memoria real da ficcionada".

Non hai ruptura coa experimentación, pero é que mesturar ficción con prensa, libros e conversas "hai tempo que deixou de ser experimental". "Procuro a máxima inmersión na realidade, afastándome da linguaxe literaria clásica e do plan argumental onde todo encaixa". N'Unha historia..., o escritor respecta a fala da xente e as súas contradicións. É coherente coa liña de traballo de Blúmsdei, di, "aínda que non o pareza". "Insiste na idea de fuxir da literatura como algo creado á marxe da realidade inmediata, coñecida ou documentable. Creo que á xente interésalle cada vez máis o que podes dicir sobre algo real, pegado ao chan, que sobre os teus labirintos imaxinarios".

Hai quen afasta a Cid dunha factible Xeración dos 90 pola súa militancia política ata finais dos 80, que disque transparenta na literatura. A aventura na UPG-Liña Proletaria, logo Partido Galego do Proletariado -con Ferrín e Arias Curto-, saldouse con máis de dous anos de cárcere cando era un rapaz. Non fala diso -"está escrito"-, mais segue sendo un autor político. Falando da estratexia do PP: "Non é certo que a maioría da poboación vaia aceptar impasible o desprezo do galego". E máis aínda falando de literatura, das recensións "boíñas" e dos libros de texto que quererían encaixar nun sistema literario grande: "Se tratamos o sistema literario coma un corpo enfermo, acábao somatizando. Hai probas diso".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_