Entre o mojito e o churro
Os artistas non sei se serán xente perigosa, iso depende. Agora, que ser son xente belicosa. O tal Parnaso debe ser un lugar onde os habitantes andan a paus ou sequera en disputas, maledicencias a eito e mesquindades a esgalla. Somos así, vivimos competindo e se non atemperamos as nosas pulsións facémonos dano uns aos outros e rebaixámonos en indignidades. Son costes do noso mester, entre a exaltación e a depresión.
Na Galiza, a eses enredos, lideiras, enfrontamentos por asuntos profesionais, estéticos, persoais... súmase a conflitividade ideolóxica, política, partidaria. E iso non fai que saiamos dun plano de mesquindades: afúndenos aínda máis. Como o artista é un animal extravagante, como é o pavo real, o porco espiño ou o canguro, pois a quen ten poder, por distraerse, prácelle contemplalos a loitaren uns cos outros nun espectáculo infantil. Non lles deamos o gusto: respectémonos. Discrepemos, discutamos, confrontemos estéticas, ideas, visións da arte, da sociedade, da vida..., mais non nos deixemos utilizar.
Hai cousa dun ano e medio a Consellería de Cultura enviou á Feira do Libro de La Habana unha delegación numerosa de escritores. A literatura galega era a convidada aquel ano e o Goberno galego apostou forte. A composición da delegación pode ser discutida sen dúbida, seguro que houbo algún escritor que debeu ser convidado e non o foi. E seguro que cabe discutir se cando se convida a literatura de Galiza se refiren aos escritores e escritoras que escriben en lingua galega ou aos que naceron aquí escriban na lingua que escriban ou aos que viven aquí escriban na lingua que escriban. Ese debate non se vai pechar sen máis. Os cataláns vivírono con grande agonía cando a súa literatura foi a convidada na Feira de Francfort. Se aquí non se dá con máis virulencia é por causas varias, mais subxace no que fixo a anterior consellería e no que está a facer agora esta.
Esta consellería tamén ven de facer a súa escolla de escritores coa que quere representar as letras galegas no Liber e na Feira de Francfort. Como a reprentación é reducida, sete escritores e escritoras entre os dous eventos, ten un carácter canónico: é a idea que ten esta Xunta das nosas letras. O rasgo máis característico é que non se aposta polos escritores monolingües en lingua galega: este Goberno prefire que non escribamos toda a nosa obra en galego e que parte ou todo da nosa obra pertenza á literatura en castelán. Non sabemos se aos escritores monolingües en castelán os Gobernos autonómicos casteláns, madrileño, extremeño, andaluz, riojano, aragonés, cántabro e murciano os animará a escribir parte da sua obra tamén en galego. O outro rasgo é que decididamente a consellería ten fascinio con Madrid, Barcelona semella que non lle atrae, e busca alí o que non encontra aquí. A vida tráenos e lévanos para aquí ou para alí por causas varias que ás veces nin escollemos. Mais no designio da consellería sen dúbida vemos a ideoloxía máis tradicional no noso país: o pailanismo. Madrid é unha cidade con cousas obxectivamente moi interesantes, como outras, mais aos leiras resúltalles irresistíbel ir alí depurar o sotaque.
Agora que nin eses escritores e escritoras seleccionados agora nin os anteriormente seleccionados pola anterior consellería teñen arte nin parte nesas construccións ideolóxicas. Son compañeiros e compañeiras na literatura, un oficio solitario, paranoico, máis duro do que a xente cre. E sería inxusto que agora viñese un xornal a contarlle os gintonics ou os churros que coman como antes foron a Cuba contar os mojitos que se serviron. Sería inxusto e miserábel, como foi.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.