_
_
_
_
Luces

Os acabados de chegar aos anaqueis

Os últimos volumes publicados polas editoriais galegas arrecenden a tinta fresca nos anaqueis das librarías. Algúns destes libros do trinque conteñen saberes instrumentais para ocupar as horas ociosas, como A cociña de Larpeiros (Galaxia), unha compilación de 150 receitas recollidas polo cociñeiro de Chapela Benigno Campos e postas en práctica no programa homónimo da TVG. Segundo a información distribuída pola casa editorial viguesa, trátase "dun percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viño axeitado para os acompañar". Saúde e lecer harmonizan na proposta de Xerais, Itinerarios seguindo o río Miño, do montañeiro Paco Armada, autor desta guía de viaxe a pé (tamén con indicacións para o coche) polas ribeiras do Miño e a súa contorna. Ademais de mapas e itinerarios, o volume indica sobre o patrimonio artístico e monumental, así como apuntamentos arredor dos ecosistemas.

Máis recomendados

- Secesión, de Chus Pato. A poeta ourensá pon na rúa unha serie de textos que volven sobre a construción da memoria e o traballo da escrita. Por primeira vez fóra dunha colección de poesía, a autora asegura "escribir dende o mesmo lugar desde o que se escribe un poema". Publica Galaxia.

- A perspectiva dende a porta, de Patricia A. Janeiro. A segunda novela de Janeiro pescuda criticamente na fenda non pechada da denominada Transición. A pespectiva dende a porta conecta os anos 70 co estado actual do independentismo político. Publica Sotelo Blanco.

- Máquina de guerra, Raida Rodríguez. O primeiro libro de Rodríguez sitúase no esteiro de Chus Pato e, ao tempo, no pensamento de Gilles Deleuze: "Un idioma mutante, un poema exento de raíces". Publica Estaleiro Editora.

- Uxío Novoneyra. Ao poeta do Courel dedícanlle o Día das Letras 2010. Do Courel a Compostela recolle poemas políticos de varias décadas. Escrita, ensaios e textos críticos sobre a súa obra. Publican Sotelo Blanco e AELG.

Na importante escolla dos compañeiros de sesta poden contribuír títulos como Pirata, a terceira novela da escritora, tradutora e cooperante María Reimóndez, ambientada no século XVIII e editada por Xerais. Literatura de aventuras subvertida e feita pretexto para falar doutros asuntos, como a busca da identidade, a loita pola liberdade en tempos difíciles e as múltiples posibilidades da vida. Galaxia adiántase aos grandes mercados editoriais coa versión en galego da primeira novela do escritor turco Orhan Pamuk trala concesión do Premio Nobel de Literatura en 2006. O museo da inocencia, até o de agora só dispoñíbel nunha única lingua europea, o alemán, é unha tradución de Bartug Aykan e María Alonso Seisdedos que sae do prelo na colección Biblioteca Compostela, a mesma que conta con outros dous títulos de Pamuk en galego. A Nosa Terra aporta un texto teatral, Con Franco no armario, do recentemente nomeado académico, Bernardino Graña, e os relatos do escritor portugués José Viale Moutinho, Negra sombra! Negra sombra!, verbo da guerra do 36 e dos paseadores en Galicia.

Tampouco quedan desatendidos os que verdadeiramente están de vacacións. O verán é unha grande oportunidade de encontro cos cativos ao redor dun libro. Oqo aproveita a coxuntura para reeditar Cocorico, un conto de orixe birmana que a editorial pontevedresa publicou por vez primeira en 2006, adaptado por Marisa Núñez e coas ilustracións de Helga Bansch. Outra novidade é a edición do álbum A guerra dos números, do cubano Juan Darién, gañador do Premio de Ilustración no CJ First Picture Book Awards 2008. Para o público infantil está destinada a última entrega do escritor Francisco Castro, Chamádeme Simbad, mentres que Faíscas, de María Canosa, e As sete mortes, de Carlos Vila Sexto (os tres títulos en Galaxia) están indicados para os adolescentes. Non todo é prosa. O poemario Makinaria, de Carlos Negro (Xerais), é unha sorprendente aposta pola poesía para lectores xuvenís.

Para a lectura vagarosa e concentrada no arelado tempo libre que chega, as editoriais ofrecen un feixe de textos de carácter investigativo, como Petroglifos de Galicia (A Nosa Terra), un estudo de Antonio de la Peña Santos con fotografías de Xulio Gil encol da arte dos gravados na pedra. En Pedras de Compostela, Xerais edita 68 relatos asinados por Aldonza de Praterías, acompañados polas instantáneas de Manuel G. Vicente, que percorren a historia compostelá ao longo de nove séculos. Na colección Crónica de Xerais, o profesor Xesús Alonso Montero publica estes días Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), o primeiro corpus epistolar deste xénero, territorio e período que se publica. E, da man de Galaxia, chega A mecánica da maxia. Ficción e ideoloxía en Álvaro Cunqueiro, o estudo de Manuel Forcaleda ao redor do universo creativo do escritor mindoniense en galego.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_