_
_
_
_
_
Tribuna:INÉDITOS CON FIRMA | Luces
Tribuna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las tribunas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Amence

Marcos sentado na cafetaría central da universidade de EAFIT, so. De novo nesa cafetaría central sen paredes e de novo so fronte a un papel. Sete anos logo. Quen quere paredes cando o Valle de Aburrá che regala 25 graos perpetuos. O teito si que importa ou exposte a un ballón de sete océanos. Marcos renega daquelas teorías que ligan o carácter dos pobos ao clima no que habitan, e con todo o pulo alegre da nación paisa encaixa ben cun tempo benigno que anima a expansión e non o briga a se parapetar.

Marcos Lorenzo procede de Europa, dunha cultura vella experta en inhibicións. É por iso que o seu primeiro contacto coa vitalidade antioqueña sempre o deixa atordoado. Por outra banda o decorado é soberbio e mareante: mulleres de traza imperial, vexetación insolente e a lectricidade tropical dunha patria moza. Vítima da saturación de estímulos, o galego non entende nada. Fascínao o que observa pero non consegue aceptalo. Todo o seu mundo anterior (e interior) é outro. E no entanto, lembra, hai escritos que certifican que outro Marcos noutro tempo se enchoupou das esencias desta terra e cabalgou na frecuencia rítmica das súas xentes. E ademais, pensa, o encontro entre José Ángel Valente e José Lezama Lima tamén foi posíbel. A mística do baleiro e a pulsión do desbordamento. Galicia e Caribe: bonito encontrón.

Que resta agora daquel antropólogo destemido?, pregúntase, ¿onde poderei atopalo?. Se cadra estea debaixo de todo, esmagado por rutinas do demo, polo horror ao fracaso ou a esixencia do éxito, por un manto de pudores e culpas e responsabilidades tan antigas como galaicas. E que facer para reanimalo?, como recuperar unha versión dun mesmo máis querida que a actual? Hai que se atrever, pensa. Atreverse a comunicar, ao descaro, a amolar mesmo. Nunca esquivar o outro. Apalpar as cousas, non as temer. E á fin deixarse levar, deixar a Medellín que faga o resto. En Colombia todo o mundo fala con todo o mundo. No bus, nunha escaleira, entres mesas distintas de calquera restaurante. Poderán pasarse por exceso de expresión mais nunca por defecto. Malia o seu terríbel pasado viven na exterioridade, cara a fóra, sen medo nin fachenda nin barreira ningunha que lles impida gozar dunha boa leria e algún que outro agasallo do humor / amor. A violencia non dobregou o seu espírito.

Son as 6 da tarde na cafetaría central de EAFIT e faise de noite. Unha bolboreta xigante pousa na mesa, moi preto do caderno. Pasa unha pedalita e mira e sorrí orgullosa. Marcos Lorenzo ensaia un aceno de escritor abstraído mentres anota no papel: "Cae o día e cae o meu ánimo, docemente. Canto sabe o corpo en Medellín". De seguido erge a vista e le nun cartaz o último slogan da campaña institucional de turismo: "Colombia, o perigo é que queiras ficar". Certo. Certísimo.

O último libro de Marcos Lorenzo (A Coruña, 1970) é Liquidación de Existencias (Difusora das Letras, 2005)

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_