O escritor "guillotinado"
Alfredo Conde fala da súa "condena" e apón a Casares "a orde" de retiralo das librarías tras o Premio Nadal
"Fun un autor guillotinado neste país". A propósito do escritor, é o argumento que máis se repite en Conversas con Alfredo Conde. Xuízo, sentenza e condena (Ir Indo), a entrevista de case 300 páxinas do xornalista celanovés Xosé Manuel del Caño co autor de Xa vai o griffón no vento.
A evolución de Conde, "comadrón" de Voces Ceibes, comunista do PCE, conselleiro de Cultura durante o tripartito de Laxe, presidente do Pen Clube e membro do consello de administración da CRTVG polo PP, alimentou desde os 80 unha recua de xuízos políticos. Desta vez, porén, a memoria afectiva e os extractos son seus. A viaxe a Cuba e a elección do castelán para Los otros días (Premio Nadal en 1991), ademais dos reproches pola súa relación con Piñeiro e García-Sabell, convertérono, di, "nun leproso, nun apestado, no grande traidor á esquerda".
"Sánchez Presedo agardaba para darme un sachazo na caluga"
"Fun moi amigo de Guerra, pero non me aleitou politicamente"
- O PCE, a UPG e a canción galega Prexudicou a "guerra" política ao movemento da nova canción galega? As guerras nunca son boas, convén o escritor, que fala da "actitude do BNG cando lanzaba aquelas consignas: Parlamentiño de cartón, Estatuto non, Autodeterminación... Arremeteron contra Piñeiro, contra Casares e contra min, ao vernos nas listas do PSOE e polas actitudes que mantivemos con respecto ao Estatuto, que son coincidentes coas que mantén agora o BNG, afortunadamente".
- Casares e os premios En 1986, o Griffón, Premio da Crítica en Galicia, levou o Premio Nacional de Literatura (despois aínda lle darían en Italia o Grinzane Cavour). "O Griffón converteume no autor máis valorado naquel momento". Del Caño pregunta entón se iso "pasou factura" na súa relación con Casares, ao primeiro unha caste de padriño político e literario. "Daquela foi entrañable, cando non reaccionou igual foi cando me deron o Nadal. Aí foi terrible". Polo castelán? "O que pasou aí, dito con todo o cariño, é que Casares perdeuse polos ciumes. É certo que fomos entrañables amigos, pero despois atravesouse o Nadal. El reprochábame, fundamentalmente, que non lle dixera nada". A lea transcendeu e na TVG critícano Casares, Suso de Toro, Rivas e Freixanes. "Despois de vinte minutos de crítica, dime o Carlos Luís [Rodríguez, hoxe compañeiro nas páxinas de opinión de El Correo Gallego]: 'Agora ten vostede dous minutos para rebater o que lle din'. Eu repliquei: 'Déixense de coñas, que non respondo nada. Son probos funcionarios, que están defendendo o seu pan". O que pasou despois defíneo como "marimorena". "Foi cando Casares deu a orde para que retirararan os meus libros das librarías. Fixeron coma os nazis".
- "Falade cun home" No retorno dos restos de Castelao, tras a "batalla", Conde, Piñeiro e Casares chegan á compostelá Praza de Cervantes. "Berrábannos: 'Fillos de puta, traidores!' Piñeiro seguiu polo seu camiño sen apartar. Empezaron a caer bolsas de lixo tras nosa, foi unha situación moi violenta. Nese momento, Piñeiro revirouse e foi cara a eles. Díxolles: 'Que queredes? Falade cun home". Non lle apón a Piñeiro razzia antimarxista ningunha. Son "simples manipulacións coas que algúns tratan de agochar as eivas propias". "Eu oínlle a Francisco Rodríguez, diante do teatro Malvar en Pontevedra, que había que masacrar a Alonso Montero, cando publicou o Informe dramático sobre la lengua gallega. Emprendeuse aí unha caza de bruxas? Coido que non".
- O sachazo de Antolín e o maleteiro de Fraga Conde foi "moi amigo" de Alfonso Guerra -"non se pode dicir que me aleitara politicamente"- e tamén tivo "moi boa relación" con Fraga Iribarne -"na primeira lexislatura axudou a poñer Galicia no mapa"-. Cando este lle propuxo viaxar a Cuba, onde entrevistou a Fidel, díxollo a Antolín Sánchez Presedo. Explicoullo e o secretario xeral do PSdeG deulle a razón. "Pero cando me ensinaron a portada de EL PAÍS, dicía: '¿Qué hace un intelectual de izquierdas de maletero de Fraga?' Decateime de que Antolín estaba agardando para darme un sachazo na caluga". A frase, atribuída a Guerra, non saíu del, segundo di. "Laxe deume a súa palabra de que fora Guerra, e resulta que non o dixera". Foi unha "vinganza política desapiadada de Sánchez Presedo", asegura o autor de Breixo. "Cando decapitaron a Barreiro, o que buscaban en realidade era que caese Laxe para que el asumira a presidencia. Foi un disparate político ó que eu me opuxen".
- A evolución política En 1989, como cabeza de cartel do PSdeG por Pontevedra, Conde falaba de Grimau e de "golpistas" no gabinete de prensa de Fraga. En El Periódico, cando o Prestige, criticou unha suposta "farsa de aparencia ético-moral para descabezar a un líder do galeguismo moderado como Xosé Cuíña e desactivar o consenso gañado a pulso polo vello político liberal que é Manuel Fraga". Hai sínteses en Conversas, preguntado directamente polo xornalista do Faro: "Para algúns sempre fun un roxo perigosísimo, e para outros un carca emboscado. Hai quen sostén que din uns bandazos tremendos. Nin unha cousa nin outra".
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.