_
_
_
_
Luces

Lourenzo e Pillado, dous dramaturgos en armas contra a fundación de Aznar

A intervención pública de Manuel Lourenzo, dramaturgo e primeiro Premio Nacional de Galicia na especialidade, comezou explicando o inusual da convocatoria: "Paréceme moi correcto como cidadáns dicir o que se pensa". E acto seguido, o pretexto: "Debemos responder aos atentados continuos contra o patrimonio xeral dos galegos, é preciso tomar medidas". Con Lourenzo (O Valadouro, 1942), na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela, compareceu o editor Francisco Pillado (A Coruña, 1941). "Somos dous, pero en realidade somos miles de cidadáns", argumentou o dramaturgo.

Un panfleto sobre a normalización do galego editado pola Fundación de Estudios y Análisis Sociales -o centro teórico do PP que preside José María Aznar- actuou como detonante para a rolda de prensa dos dous amigos. "Eu son sartreano", afirmou Pillado, "e penso que as persoas se definen cando falan e cando calan". E contra oito páxinas de dislates a conta da identificación entre analfabetismo e idioma do think tank da dereita, Pillado e Lourenzo reclamaron o posicionamento do novo presidente da Xunta.

"E que ten que dicir Núñez Feijóo? Pensa responder á FAES?", preguntouse Pillado. Polo de pronto, os comparecentes propuxeron solución simbólica, expeditiva e inalcanzábel: "O presidente da Xunta debe declarar persoa non grata a Aznar; senón, que o fagan os concellos da esquerda". Pillado, que dirixe Edicións Laiovento, anunciou que un grupo de expertos xa prepara réplica ao informe asinado na fundación de Aznar por Andrés Freire.

"Fálannos de liberdade lingüística, a nós, que nunca gozamos dela", queixouse un Manuel Lourenzo que levou o seu discurso pola experiencia propia. "Non me estraña toda esta impudicia", sinalou, e lembrou un libro de cando cativo, España, mi patria: "Dicía 'Galicia, la tierra más hermosa según la naturaleza, la más negra según la ley'; esta invasión e saqueo vén de lonxe, continúa a doma e castración, só que nun Estado liberal".

Para os dramaturgos en armas, o texto Las paradojas de la normalización del gallego non é unha anécdota, "porque detrás está a FAES, un ex presidente e o PP". "Trátase dunha fruslería que non merece ser contestada cientificamente, pero si como cidadán", concluíu Lourenzo.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_