_
_
_
_
Reportaje:O cartel como axitación | Luces

A política nas paredes

A tradición do cartel arrinca na campaña polo Estatuto do 36 e florece nos 70

Antes da web 2.0, o personalismo desbocado e os candidatos con imaxe hipertrofiada, houbo carteis nas paredes. Pezas de papel nas que a transmisión ideolóxica se impuña á venda do produto, o cartel era engrenaxe central nos aparellos de propaganda de partidos, sindicatos e asociacións. Unha das historias posíbeis do cartaz arrinca, en Galicia, coa campaña frentepopulista a prol do Estatuto de Autonomía de 1936 e coñece época de peculiar vizosidade na década dos 70. E, cando non había escolas de deseño nin profesionais da xeometría gráfica, foron os pintores os que se encargaron do traballo.

O obradoiro de Camilo Díaz Baliño, en Santiago de Compostela, funcionou como epicentro da publicidade gráfica pro estatutaria. "O único dos carteis polo Estatuto que me deixou asinar meu pai foi o das estrelas", lembra Isaac Díaz Pardo. Fala do afiche que preparou para o Partido Comunista, do que el propio facía parte a través das Juventudes Socialistas Unificadas. Co pseudónimo de Xalo, facturou outros tres baseados en debuxos de Castelao e de xínea máis estritamente galeguista. "Isaíño, fainos ti", díxolle, segundo o seu biógrafo Xosé Ramón Fandiño, o autor de Sempre en Galiza. O lema Para que a nosa terra sexa nosa. VOTA O ESTATUTO era o que acompañaba un deseño do ábum Nós, mentres o máis coñecido debuxo da vaca, alimentada por un paisano ao tempo que a muxía o cacique, levaba o epígrafe Para que remate esta vergoña, VOTA O ESTATUTO. Os orixinais de Castelao arderon despois de que os falanxistas asaltasen o estudio de Díaz Baliño, asasinado en 1936. O único rastro do lapis do rianxeiro fica na reprodución técnica a través da cartelaría.

"Nos 70, tirouse moito de pintores para facer carteis", lembra Pepe Barro
Más información
"Este é o teu candidato, vota"

Luís Seoane marca certa continuidade no oficio entre a xeración abortada pola guerra e os novos cartelistas. "No 36 [Díaz Pardo contaba apenas 16 anos] non coñeciamos moito o que fixera a vangarda rusa, o seu cartelismo formidábel", admite o refundador de Sargadelos, "e non nos baseabamos en nada". Pintura de témpera guasch e o prelo Roel conformaban, daquela, as únicas ferramentas imprescindíbeis. Seoane, que participou co célebre afiche do polbo na mobilización do 36, reapareceu no 77 coa Candidatura Democrática Galega ao Senado: aí figuraban Ramón Piñeiro, Jacinto Calvo e Isaac Díaz Pardo.

Pero nos 70 xa traballaban no oficio outras promocións de deseñadores. "O meu primeiro cartel foi de promoción da Asamblea Nacional-Popular Galega, moi influído pola escola suíza de deseño gráfico, os grandes mestres da tipografía contemporánea", explica Pepe Barro. Aquel papel imprentouse na clandestinidade e en Barcelona. Era 1976. Hoxe impulsor do estudio Revisión, Barro realizou propaganda gráfica para organizacións do chamado, daquela, Movemento Nacional-Popular. "Recordo que Antón Louro, agora no partido socialista do país veciño [ri], encargárame o cartaz do congreso do Partido Socialista Galego". Parte da súa obra gráfica do período, unha vez que o nacionalismo de esquerdas se instalou na legalidade, aparece rexistrada nos depósitos legais.

Precisamente o depósito legal da provincia da Coruña é a base sobre a que Berto Yáñez, da empresa de deseño A navalla suíza, edificou un flickr [blog fotográfico] con máis de 800 carteis de temática variada. Entre eles, os arriba reproducidos do propio Barro e de Xesús Chichi Campos (1952-1991). Unha exposición, comisariada por Elena García e Rosa Michelena e co título Memoria das paredes, convertiuse logo en libro. "Houbo que tirar de pintores", expón Pepe Barro, "non había formación profesional en deseño gráfico". Xaquín Marín, máis coñecido como humorista gráfico, ou Xosé Díaz Arias, que colaboraba co Partido Comunista e facía a terceira xeración de cartelistas na familia Díaz Baliño-Díaz Pardo, participaron nas labores de axitación.

"Supoño que, como estudou deseño e non se lle daba mal, naquel tempo, a meirande parte dos carteis da UPG eran del". Ramiro Ledo fala de Carlos Varela Veiga (1945-1980), cineasta militante e grafista na turbulencia dos 70, responsábel de, entre outros, algún dos máis populares grafismos contra o proxecto de central nuclear en Xove. "As condicións nas que practicaba o deseño gráfico, con esprais e outros materiais, tivo que ver coa súa morte; Carlos xa non tiña olfato e estoupoulle unha bombona nun camping de Muxía". Ledo é autor do filme CineClubeCarlosVarela (2005), que, a partir das imaxes tomadas por Varela Veiga, reconstrúe unha crónica outra da caída do franquismo e da biografía do militante Carlos Varela.

Aínda que o cartel político perdeu centralidade nos mecanismos publicitarios das forzas políticas hexemónicas, os muros conservan a capacidade de falar fóra do consenso. O deseñador gráfico Óscar Otero, d'A navalla suíza, así opina: "Hai cousas, pero non nos chegan".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_