Retorno ao país dos 70
O CGAC inaugura a primeira mostra global "da década da cooperación"
Nada máis traspasar o soto do Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago, hai que mirar cara Pobre gente, pobre gente (1976), de Alberto Datas, gran amante de Pollock e dos borranchos da vangarda centroeuropea. Ao pintor coruñés, falecido aínda o ano pasado, precédeo no espazo unha volumetría de Silverio Rivas con catro puntos de áncora: Tino Grandío (Cementerio de Lousada), Roberto González Fernández (tres debuxos a lapis, incluíndo algún da serie Elephant walk), dous óleos de Xosé Luis de Dios e outros tantos da serie Recortes del espacio, entre as primeiras conceptualizacións de Ánxel Huete, un dos membros fundadores de Atlántica.
Gitanos sin romancero, o documental en Súper 8 de Lorenzo Soler, sostén a maqueta das vivendas que ideara César Portela en Campañó (Pontevedra), na altura de 1971. Así, "por inundación", se pensou a entrada en Portas de luz. Unha aproximación á arte e á cultura en Galicia nos 70, que hoxe se inaugura no CGAC. Máis de 60 pezas de artistas plásticos, a metade provintes de fondos propios. Pero tamén libros fundacionais estrando o chan e vitrinas temáticas para Fernando Casás, o Seoane alemán dos 70, banda deseñada, música e deseño, cunha escolma de cartaces e portadas simbólicas (Teima e A Nosa Terra) de Vilasó e Pepe Barro. "Nunca se fixera nada con este sentido global", destaca Alberto González-Alegre. "Tratamos de facer comprensible a década, a cuestión da afinidade estética non influíu". No traballo redutivo, o comisario procurou "tracexar un mapa cos elementos que acabou sostendo o tempo, non cos que se afundiron na liña das exposicións burguesas".
"É un espello no que mirarnos: quen eramos e qué desexabamos"
O museo estrea obra de Manuel Facal e Roberto González
A década podería comezar coa Cabeza con chapas (1968) de Acisclo Manzano, pero esténdese ben máis alá da supresión, en 1977, do Tribunal de Orde Pública. Polo medio, antes da aceleración inducida pola morte de Franco, un batoallo de iniciativas, títulos, xeracións e grupos anteriores á industria, a maioría afastados do futuro autonómico e da publicidade dos 80. O elemento común, "a estreita cooperación entre axentes dispersos con vontades parellas".
No que atinxe ás artes plásticas, Portas de luz -tomado dunha obra de Lodeiro- tamén remite á necesidade dunha revisión crítica da arte galega contemporánea. Desde o inicio da abstracción galega -Goyanes- ao risco dos ismos aplicados, por exemplo, a Laxeiro, do que se escolleron El color e Héroe. "Están desde os renovadores, por suposto Granell -a madeira polícroma El extranjero e a alfaia ready-made do Valle Inclán-, aos que daquela eran moi novos, como Lamazares, Monroy ou Correa Corredoira -expónse Aire, inédita desde 1978-, que eclosionan despois". Comparecen Leopoldo Nóvoa e Manuel Moldes. Desde Urbano Lugrís, cos colaxes Pegamento da primavera da morte ou Memoria de velocipedista, aos artistiñas de Ourense.
Pero tamén a xeración intermedia dos que se situaron en Madrid, como Caruncho ou Mampaso. "Estaban moito máis integrados do que se cría entón", di González-Alegre. "Ás veces non son tan certos os criterios diferenciais baseados na periferia ou na xeografía historicamente determinadas".
De cadrar o espazo plástico co discurso nacional, daquela polisémico, encargáronse Xosé María Álvarez Cáccamo (literatura), Carlos Biscainho e Damián Villalaín (teatro), Margarita Ledo (cine), Pepe Barro (deseño), Fernando Agrasar (arquitectura), Carmen Panero (feminismo), Julio Prada (historia) e Rosa Fernández (música). Todo para conseguir que Portas de luz, aberta ata o 3 de maio, sexa "un espello no que mirarnos", en palabras do director do CGAC, Manuel Olveira. "Quén eramos e qué desexabamos, quén somos e qué desexamos".
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Ábalos pide al Congreso recuperar sus derechos como diputado
Sarah Paulson homenajea a Diane Keaton con un tatuaje en el día que hubiera cumplido 80 años: “Te extrañaré hasta el fin de los tiempos”
La CIA recomendó dar el poder de Venezuela a Delcy Rodríguez ante el riesgo de que María Corina Machado no controlara el ejército
Mbappé no viaja a Arabia para la Supercopa de España
Lo más visto
- El abogado que logró la liberación de Julian Assange por el caso Wikileaks representará a Maduro en el juicio por narcoterrorismo en Nueva York
- Xi Jinping se pronuncia de forma velada sobre Venezuela: “Las prácticas de intimidación hegemónica afectan gravemente al orden internacional”
- El PP defiende ahora que “hay dudas sobre si se ha infringido el Derecho Internacional” en Venezuela
- Así le hemos contado las noticias de Venezuela tras la detención de Maduro este 5 de enero de 2026
- Lotería del Niño 2026, en directo | El primer premio es para el 06703




























































