Música, 'flashbacks' e Palestina
O PÉ PISA pedra, pisa cemento e cando pisa terra recoñece algo distinto, algo que sobe pola perna arriba até a espiña. Unha cousa distinta e que fala. Aínda que non saibamos entender o que di. Temos esquecidas esas cousas.
OS ESCRITORES desexamos o éxito de público, por iso publicamos. Aínda sabendo que o éxito de público é a nosa morte certa. Vivir é matarse dun modo particular e persoal, tamén para os escritores.
BARES SEN CHUNDA-CHUNDA: Non hai. Non hai bares sen fume de tabaco, tampouco sen o chunda-chunda dalgún altavoz, ademais do televisor e doutros aparatos (xa cantaba Marisol: "La vida es una tómbola". Os bares sobre todo). De modo que cando me cito para gravar algunha entrevista non sei onde quedar que se poidan ouvir as voces. Un país rudo de carallo, este.
A MÚSICA É OBRIGATORIA, non abonda coa que nós gustemos de ouvir, que a teñamos na casa, no carro, no mp3, tamén estamos obrigados a ouvila no autobús urbano, no tren...
DESCULPA, BRUCKNER, este pecador non pode evitar gostar da música disco. Case todos temos un cachiño de hortera dentro, moitos somos leiras e non andamos con pantalón de pata de elefante por un milagre.
GAOS, BAL Y GAY, SI. Jerry García, de Grateful Dead, tamén. Todos eran músicos galegos. Iso si, o Jerry García gastaba ben máis vatios, fixo ben máis cartos e pasou por norteamericano.
NINGUÉN NOS AVISARA, esas cousas non chas explican no libro de instrucións que che dan, de que unha parte dos traballos da vida é enterrar os nosos mortos.
CHEGA O MOMENTO no que enxergas o horizonte e comprendes que o vivir vén sendo sobrevivir aos que xa se foron. A vida faise lembranzas.
A XENTE QUE NON TEN ESTUDOS, lembra. Os outros, facemos flashback. E facemos Google.
YOUTUBE: Mareas negras, mareas blancas (Un flashback).
MOCIDADE MENESTEROSA, a que non ten horizonte, a que non ten a oportunidade de imaxinar outro mundo posible. A posibilidade de imaxinar outra vida distinta, esa inocencia. Debemos desexarlle á mocidade que sexa altermundista. Desexarlle que estea con Palestina agora.
PALESTINA, PALESTINA, PALESTINA: Gueto, apartheid, limpeza étnica, masacre... Que máis pode vir?
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.