_
_
_
_
Luces

A escrita, rexistro da historia

A novelista en castelán Susana Fortes (Pontevedra, 1959) propón esta mañá unha reflexión a partir da súa última obra, Quattrocento. So o título de Las cenizas de Alejandría, Fortes traza as ataduras que existen entre a súa faceta de historiadora e a de escritora. "Malia a que a miña formación inicial é a de historiadora, axiña pasei con armas e bagaxes ao inimigo", asegura. A novelista refírese asemade ás "fronteiras entre a historia e a ficción, os cruces, os empréstimos e intercambios entre unha e outra". Susana Fortes, que se recoñece unicamente como "escritora de novelas", expón a intrahistoria de Quattrocento e define aos historiadores como "detectives no tempo". "Coido que o thriller constitúe o mellor fío condutor para organizar o material dunha novela histórica", asegura. Susana Fortes explicita a súa posición entre a historia e a literatura ao situar o seu "método de investigación histórica máis preto de Umberto Eco que de Vicens Vives".

A escritora pontevedresa lembra que "antiguamente se consideraba verdadeiros sabios a aqueles que eran quen de interpretar as cinzas da Biblioteca de Alexandría". E nese punto, o das cinzas, enlaza a poeta e profesora de Teoría da Literatura María do Cebreiro Rábade Villar, unha das dúas persoas que ofrecen resposta ao relatorio de Susana Fortes -o outro é o director da biblioteca Ánxel Casal de Santiago, Daniel Buján-. "Dende Benjamin a Zizek, a teoría crítica máis penetrante é a que sabe recoñecer que todos os procesos de destrución deixan unha pegada material desvelábel intelectualmente". "Non sei se a literatura debe situarse da banda da conservación", di, "historicamente, ás veces, situouse da banda da perda". Rábade Villar pregúntase se pode haber "unha defensa non conservadora do patrimonial" e respóndese que si, aínda que iso implique "peneiras críticas moi fortes".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_