_
_
_
_
Reportaje:Luces

Nut, potencia creadora

A compañía de teatro "postdramático", de xira en Portugal

Como convidados especiais do XXXI Festival Internacional de Expressão Ibérica que se celebra en Porto e outra vilas portuguesas, a compañía galega Nut Teatro está a cumprimentar un programa intenso con cinco actuacións, unha marca que non supera ningún outro dos colectivos presentes. Esta noite poñen en escea Corpos disidentes en Vila Real, unha montaxe que van levar a Aveiro e Porto. Nesta expedición alternarán a que foi a súa primeira obra coa representación de 4.48 Psicose, monólogo baseado en textos de Sarah Kane.

Era a primeira vez que unha compañía galega levaba a escea á azougada dramaturga británica, que se suicidou despois de escribir o texto no que indaga na mente dunha muller a tratamento psiquiátrico. Coa palabra e a xestualidade de Arantza Villar e a presenza case de convidado de pedra de Carlos Neira, en 4.48 Psicose Nut Teatro declara os principios da súa proposta escénica, baseada no traballo actoral e na ausencia de elementos escénicos externos coa intención de manter a esencia do texto sen ornamentos. Un espazo limpo só con dúas butacas negras nun chan branco no que non hai cambios de luz nin música. A obra estreouse con éxito na sala Nasa de Santiago en 2007 e, desde entón, acompaña a Nut como un selo de calidade.

Por un camiño semellante vai Corpos disidentes, espectáculo co que a principios de ano se presentaron en Madrid, no Festival Escena Contemporánea, con dous cheos absolutos. Froito dun exercicio de creación colectiva no que participan o director, Carlos Neira, e as catro actrices (Nerea Barros, Xiana Carracelas, Iria Sobrado e Arantza Villar), o texto traduciuse ao castelán para a ocasión. "Non foi nada traumático porque o texto non é o máis importante no noso traballo, hai estados e accións que traspasan a lingua", indica Neira.

A mesma adaptación ao castelán está na base da performance que vén de regresar na maleta de Nut de Navarra, onde inauguraron, segundo Villar, "unha liña artística que propón unha mestura total entre novos códigos de creación en espazos contemporáneos". Ir coa dirección dos tempos, ou mesmo diante, é a intención de Nut, que rescata a denominación dun dos primeiros proxectos artísticos de Neira, fundador, hai 16 anos, da escola Espacio Aberto en Santiago.

O nome dunha deusa da antigüidade que alude á potencia creadora é o paraugas que acolle a aposta polo que Neira prefire chamar "nova dramaturxia galega". Nut asume os riscos do denominado "teatro postdramático", unha corrente experimental caracterizada polos seus vencellos coa performance ao privilexiar o proceso sobre o resultado, por facer do corpo do actor o obxeto mesmo da acción e por cuestionar a unidade de sentido que impón a palabra poñéndoa en relación con outras linguaxes, preferentemente tecnolóxicas.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_