A banda deseñada busca espazo no Saló del Còmic de Barcelona
Máis de 30 creadores galegos protagonizan ata o 20 de abril mostras, presentacións e mesas redondas no Saló del Còmic de Barcelona, a principal cita do cómic en España. É a primeira vez que Galiza conta con caseta propia. Nela inaugurouse onte unha mostra que xunta ata 70 títulos editados nos últimos anos, e hoxe comeza a asinar David Rubín, autor revelación no Saló do ano pasado.
O director de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, aproveitará para presentar a denominada estratexia global de apoio á banda deseñada. O material promocional complétase co folleto ABC BD, elaborado polo Consello da Cultura Galega, que repasa o panorama do cómic galego nos últimos anos. Jacobo Fernández, Miguel Porto, Hugo Covelo ou Víctor Rivas participarán como autores e como representantes dos colectivos BD Banda, Cerditos de Guinea Cómics, Faktoría K, Fuck Cómics, Polaqia ou Retranca.
O Saló, que destaca sempre os seus premios, organizoulle a Miguelanxo Prado, Rubín e o fanzine Barsowia, do colectivo Polaqia, gañadores o ano pasado, tres das sete mostras previstas para o evento. Para a delegación galega, este recoñecemento "permite proxectar a BD galega máis alá das nosas fronteiras".
No medio dun XXVI Saló espectacular, os autores galegos loitarán polo espazo entre propostas multitudinarias: desde a exposición Viñetas censuradas, con exemplos dos últimos 102 anos, de Cu-Cut! e El Jueves, ata a retrospectiva de Mortadelo e Filemón. Por non falar dos convidados: este ano veñen Moebius, Milo Manara, Quino e Peter Bagge, autor da serie Odio, un dos últimos éxitos internacionais do cómic norteamericano dos 90.
Este ano é Alberto Vázquez quen compite en tres categorías: mellor obra, guión e debuxo por El Evangelio de Judas (Astiberri). Non é a primeira vez. Por Freda, con guión de Kike Benlloch, xa fora nominado a autor revelación en 2002; Psiconautas valeulle dúas nominacións máis en 2007, e agora terá que competir con Miguel Brieva (Enciclopedia Universal Clismon), Roger Ibañez y Raule (Jazz Maynard), Paco Roca (Arrugas) e unha reflexión íntima do coinventor de Makoki, Miguel Gallardo, que en María y y yo estuda os vencellos coa súa filla autista.
"Ganar é o de menos", di Vázquez, que incorporou a El Evangelio de Judas, "as aventuras dun esquío católico", a estética do grabado medieval e o colaxe, máis recargado do que nel é habitual. A nivel narrativo mantén a sucesión de historias curtas. "O fundamental do cómic é que haxa calidade narrativa", remarca Vázquez, "o aspecto gráfico depende dos gustos".
Vázquez, que vive da ilustración, di vivir "un pouco á marxe do que é o autotobombo, que tamén resulta importante".
Cultura insire o progresivo afiunzamento da banda deseñada galega no marco estatal na "estratexia de internacionalización da cultura galega". Ás reunións da Mesa da Banda Deseñada acoden ata o momento a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración e vicarios das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, Viñetas desde o Atlántico e do Salón do Cómic de Cangas, ademais das bibliotecas municipais da Coruña.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.