_
_
_
_
PSICOFONÍAS | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Lodeiro, o obreiro da pintura

A historia da arte está chea de aportacións tan humildes como xeniais, sempre cheas dunha humanidade especial, porque especial é sempre a pulsión individual que leva a algúns a autovalidarse como artistas, único título que a sociedade non certifica mediante acreditación administrativa. Un artista en primeiro lugar é sempre un valente que supera iso tan burgués do sentido do ridículo e decide que quere profesionalmente gustar aos demais. Niso penso a partir da interesante mostra antolóxica que o CGAC dedica ao pintor de Teis (Vigo, Galicia) Xosé Lodeiro. Máis de dez anos transcorridos desde a súa morte e na miña retina pervive cunha enorme dose de modernidade indestrutible o eclecticismo intuitivo da súa pintura, pero, sobre todo, a imaxe daquel obreiro da pintura que eu vía na miña adolescencia esperar o autobús a primeira hora da mañá no cruce de Peniche en Vigo para ir ao seu taller no centro da cidade do que regresaba taciturno a mediodía para facer o mesmo itinerario pola tarde. E todos os días igual. Confeso que ese foi o primeiro exemplo vivo que eu coñecín e admirei do traballador da arte e que facía realidade a afirmación picassiana sobre a conveniencia de que, se existe a inspiración, mellor que te pille traballando.

A forza de Lodeiro estaba na súa paixón de autodidacta e de cidadán radical, aquel malhumor constante que de cando en vez daba paso a maior tenrura da que poida ser quen un ser humano. Lodeiro é para min o exemplo constante do artista entregado ao seu traballo e de artista necesaria e creativamente anoxado co mundo. Lodeiro non regalaba nada aos críticos. Se cadra por iso o seu recoñecemento lle chega agora. É difícil ser un artista non só nas inauguracións das exposicións e nos museos, senón tamén as 24 horas do día e todos os días da túa vida, pero sobre todo agardando un autobús urbano ás nove da mañá para ir ao choio e co fume dun ducados enchéndoche o corazón, os pulmóns e a imaxinación.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_