_
_
_
_
Reportaje:ALMACÉNS DE CULTURA | LUCES

A vida dos 'outros' museos

Centros de arte, científicos e arqueolóxicos espállanse polo país e constitúen a vangarda da cultura en pobos e vilas sen a ampla oferta das cidades

Se unha persona sen coñecementos culturais e científicos de ningún tipo desexara obter en poucos días unha panorámica do que ten feito a humanidade desde o comenzo dos tempos non tería máis que facer unha selección dos 140 museos espallados pola xeografía galega que ofrecen contidos tan variopintos coma restos arqueolóxicos, pezas etnográficas, obras de arte e obxectos de todo tipo.

A febre de aperturas de centros de arte contemporánea que se rexistrou en España nos últimos quince anos deixou en Galicia dous espazos, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago e o museo Marco de Vigo. En pouco tempo ambos centros adquiriron un protagonismo social que oscureceu o labor doutros museos en moitos lugares do pais que aínda loitan por sobrevivir e son o principal punto de contacto coa cultura para os veciños de moitos pobos.

En pouco tempo o CGAC e o Marco adquiriron gran protagonismo
A situación patrimonial dos museos da Xunta é moi diversa
O museo de Lugo levou contidos a centros comarcais de toda Galicia
Os centros científicos da Coruña reciben 580.000 visitantes
Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

A fronteira invisible que separa a Galicia do litoral da interior en tantos sectores tamén está moi marcada no que se refire á visibilidade e ao apoio económico co que contan os museos. A propia titularidade dos centros fai difícil que poida facerse una política común para todos eles xa que algúns dependen da Xunta, outros das deputacións, concellos e de institucións e empresas privadas. O director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, explica que a función principal dos museos debe ser a de exhibición, documentación, investigación e difusión dos seus fondos e a súa importancia non depende tan só do número de visitantes que reciben, senón tamen da función pedagóxica e social que desenvolven, que no caso dos museos ubicados no interior é moi sobranceira.

Arias sinala que a situación patrimonial de cada un dos centros xestionados pola Xunta resulta moi diversa "xa que non é o mesmo un museo parroquial que un situado nunha das grandes cidades". De tódolos xeitos, recoñece que é necesario adicar cada vez máis fondos á conservación e promoción dos fondos cos que contan os museos da rede pública. Durante este ano o gasto que dedicou a Consellería de Cultura a estes centros ascendeu a 4,4 millóns de euros, dos que algo máis dun millón destinouse a actividades difusoras. Son cantidades moi pequenas se se comparan cos orzamentos que manexan entidades privadas coma a fundación Barrié ou Caixa Galicia e tamén co de centros públicos coma o CGAC. O número de visitantes dos oito museos xestionados pola Xunta en 2006 ascendeu a 138.000.

Un dos tesouros menos coñecidos dentro dos panorama dos museos galegos é o Etnolóxico da localidade ourensá de Ribadavia, un centro que realiza exposición temporais pero de longa duración e que conta con fondos importantes para achegar ao público o xeito no que se realizan actividades coma a viticultura, a encadernación ou o tratamento do liño. O futuro Museo do Viño que tamén se ubicará en Ribadavia dependerá do Etnolóxico que facilitará parte dos seus fondos a este novo centro.

A súa directora é Covadonga López, unha muller que ten traballado en sete centros de orientación moi diversa ubicados en Asturias e Galicia. López sostén que os cidadáns teñen máis facilidades para identificarse cos museos tradicionais que cos de arte contemporánea. A diferenza fundamental está nos elevados orzamentos cos que contan estos últimos e coa súa constante presenza nos medios de comunicación. Ao seu xuizo, estos centros contan con fondos "desmesurados" que ademáis non se controlan axeitadamente. López bota en falta un maior esforzo de promoción dos museos coma o de Ribadavia, xa que poden "ser un elemento dinamizador nunha comarca que atrae moito turismo".

A dinamización cultural é un dos principais obxectivos da rede provincial de museos de Lugo que dirixe Encarnación Lago. Malia as limitacións orzamentarias e da ubicación alonxada dos centros culturais autonómicos e estatais, Lago destaca que desde o museo provincial leváronse contidos expositivos a centros comarcais de toda Galicia e conseguiron que a obra de artistas lucenses coma Antonio Murado ou Mónica Alonso poidera exhibirse en lugares coma Estrasburgo ou Chile. Lago ten que afrontar problemas coma atopar lugares para gardar os restos arqueolóxicos que se atopan na provincia e suliña que o labor do centro que dirixe vai moito máis alá das exposicións e abrangue a organización de concertos, espectáculos teatrais, de danzae outros. Os museos que forman a rede provincial reciben arredor de 82.000 visitantes ao ano.

A cifra contrasta coas máis de 580.000 persoas que visitaron durante o ano 2006 os museos científicos coruñeses. A iniciativa que naceu no ano 1983 coa apertura da Casa das Ciencias e completouse coa construcción da Domus e do Aquarium Finisterre converteuse co tempo nun gran éxito de público e social nunha cidade que conta na actualidade cunha oferta museística con poucos equivalentes dentro de Galicia. Aos museos científicos hai que sumar outros espazos destacados coma o museo de Belas Artes, o MACUF de arte contemporánea e a nova sede da Fundación Caixa Galicia.

A amplitude da oferta museística galega vaise ver reforzada coa reapertura do Museo do Mar en Vigo e coa construcción do Museo de Galicia na Cidade da Cultura de Santiago, que prevé abrir as súas portas no 2009. Felipe Arias aposta por combinar a apertura de novos museos coa consolidación dos xa existentes. "Non ten sentido crear museos sen máis senón estan ben atendidos os que xa temos", conclúe o director xeral.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_