_
_
_
_
LUCES

Catro artistas que non teñen "nada que ver" expoñen na Casa da Parra

A Casa da Parra de Santiago acolle dende onte unha exposición que racha cos prexuízos habituais na arte contemporánea. Lonxe do costume habitual dos comisarios de procurar vínculos que nunca existiron entre artistas moi diferentes entre sí para darlle sentido a unha mostra colectiva, o comisario de Nada que ver, o fotógrafo Vari Caramés, declara as súas intencións xa dende o título da exposición. Trátase de reunir a un grupo de artistas non moi coñecidos e moi distintos entre sí para que amosen os seus traballos nun mesmo espazo.

"O título da mostra ten un claro contido irónico porque do que se trata é de fuxir dos plantexamentos excesivamente retóricos e pedantes que existen na arte contemporánea. Neste mundo hai un exceso de seriedade e do que se trata é de sorprender e seducir ao espectador, non de aburrilo", explica Caramés, que actúa por segunda vez na súa vida coma comisario.

O seu obxectivo ao xuntar a catro artistas que aparentemente non teñen carcaterísticas comúns é que a exposición funcione coma "unha orquestra de jazz na que tocan catro músicos que non se coñecen entre sí pero que acaba soando moi ben". Na súa opinión o resultado final é "equilibrado", malia a que os artistas participantes teñen idade diferentes, usan técnicas diversas e formas de traballar moi distintas.

Na mostra mistúranse os retratos en branco e negro de xente tatuada do coruñés José Caruncho, os óleos que reflexan escenarios cotiáns do londinense afincado na Coruña Tim Behrens, a redefinición da pintura que realiza a lucense Mar Vicente e a exploración dos límites da imaxe fotográfica pola que se interesa o malpicán Enrique Lista. "Non son un teórico da arte nin sequera me dedico a exercer de comisario. A miña intención é dar visibilidade ao traballo duns artistas que non son moi coñecidos polo público", sinala Caramés. A mostra estará aberta ata o 10 de decembro.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_