_
_
_
_
Crónica:PSICOFONIAS | LUCES
Crónica
Texto informativo con interpretación

Mentiría se digo a verdade

Non sei se a alguén ou, se cadra, foi a min mesmo, que lle escoitei varias veces e ultimamente a frase "mentiría se digo a verdade" como a expresión máis xenuína da galeguidade, ou sexa, como a frase máis galega do mundo. Mesmo teño sentido a tentación de volver escribir algunha canción co siloxismo que non é outra cousa que a constatación real da nosa visión do mundo perplexa, escéptica e paradoxal.

O mundo xa está cheo de prepotentes xermes de tiranía e dogmatismo que o saben todo, que non dubidan, que contestan as preguntas con afirmacións rotundas e que, de encontralos e preguntarlles nunha escaleira, afirman vehemente que soben ou baixan. Non coma nós, que para responder a tan absurda pegunta nunha escaleira, parámonos cortesmente para dicirlle de xeito amable ao estúpido interrogador que nin subimos nin baixamos, estamos efectivamente quietos.

Nós, que respostamos as preguntas con outra pregunta porque non hai maior clave da sabedoría e que posiblemente sexamos o mellor e máis perfecto híbrido entre Sócartes e Descartes. Todos os tópicos que con tanta hostilidade se nos teñen atribuído conforman a mellor barricada para protexer iso tan inefable que se dá en chamar identidade, pero sobre todo para razoar o mundo e a existencia da forma máis eficaz, humilde e igualitaria.

Somos a etnia mestiza da néboa e a melancolía, da marea perplexa e rumorosa da vida, da coraxe máis irónica dos mamíferos humanos. Somos nós e sexámolo sen máis complexos. Para chulos, eles.

Mentiría se digo a verdade, pero o que se nos imputa como defecto e exotismo non é carencia, senón intelixencia.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_