Esperanza audiovisual
Lembro unha gala de hai uns anos dos premios do audiovisual galego na que un enigmático personaxe inflaba obsesivamente un globo. A ironía quería expresar que o presunto boom audiovisual galego era un globo inflado ou que todos e todas debíamos contribuír a inflar. Pasaron os anos e o sector é hoxe unha realidade consolidada aínda que con carencias. Contribuiu a iso a presión dun sector independente que sorprendentemente conseguiu que un goberno conservador puxera en marcha un sistema de axudas cuantitativamente modélico en Europa. Hoxe hai empresas, emprego, talento e investidores. Existe a convición da necesidade de que como en tantas outras cousas non podemos producir só para o autoconsumo e debemos crecer con produtos universais.
Igual tamén que como noutras tantas cousas o crecemento autóctono chocou con atrancos estruturais de carácter internacional. Pasou, por exemplo, co leite (os gandeiros que comezaba a industrializar as súas explotacións vironse freados pola cota do mercado común) ou o naval. Galicia cando chega ao progreso xa é tarde. No caso do audiovisual a crise mundial de cambios de consumo pola xeneralización de novas tecnoloxías (a piratería para entendernos).
O que non estaba no guión era que cun goberno de cambio que debería ter xerado novos modelos de xestión de política audiovisual amais de aumentar cuantitativamente os recursos naufragase na descoordinación e rivalidade máis absurda dando como resultado unha acción (a de Cultura) máis indie que industrial e que esquece que a industria non é só o cinema e os autores nativos e outra (a da Secretaría Xeral de Comunicación) que confunde os cócteles e as revistas cunha política seria de difusión internacional e márketing. Seguiremos inflando o globo aínda que sexa só cos nosos propios pulmóns.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Estados Unidos advierte a Diosdado Cabello que podría correr la misma suerte que Maduro
Trump asegura que Venezuela le entregará hasta 50 millones de barriles de petróleo
El polvo dentro de los hogares en México es más tóxico que el del exterior y contiene metales pesados
Las autoridades estadounidenses retienen a una diputada de Morena con 800.000 pesos en efectivo
Lo más visto
- Lotería del Niño de 2026 | El primer premio es para el 06703
- Estados Unidos amenaza con tomar Groenlandia por la fuerza
- Últimas noticias de Venezuela tras la detención de Maduro, en directo | Delcy Rodríguez sostiene que ningún agente externo gobierna Venezuela
- La CIA recomendó dar el poder de Venezuela a Delcy Rodríguez ante el riesgo de que María Corina Machado no controlara el ejército
- Comprobar Lotería del Niño 2026: consulte la lista completa de números premiados




























































