_
_
_
_
Reportaje:DO TRINQUE | LUCES

Curtametraxes multipremiadas

Varios traballos galegos acadan multitude de premios nos diferentes festivais deste formato que se celebran por todo o Estado

Álex Marzoa ten 28 anos, é de Vigo e desde hai tres anos reside en Barcelona, cara a onde marchou estudar dirección de fotografía. Pero ademais Marzoa agocha unha paixón: é celtista. Este dato podería ser irrelevante na súa biografía, se non fose porque o seu amor polo Celta levouno a escribir e dirixir a curtametraxe galega que máis premios recibiu no último ano: Temporada 92-93. Esta curta conta unha historia que acontece na derradeira xornada de liga da agónica temporada 92-93, na que o Celta logrou a salvación no último minuto de partido grazas a un gol de Vlado Gudelj. Polo medio hai unha historia de amizade entre os protagonistas, no que o autor manexa moi ben unha linguaxe humorística sempre ao bordo do drama. "Para min é un drama, pero o público acaba ríndose do mal que o pasan os personaxes", explica o propio director. Os personaxes, dous acérrimos celtistas dos de bufanda e gorro de la, están interpretados por Carlos Blanco e Miguel de Lira, que xa obtiveron até cinco premios ex aequo, polo seu magnífico man a man interpretativo.

O traballo foi seleccionado en 60 festivais de todo o Estado e leva colleitados nada menos que 24 premios. "As curtas teñen unha vida de pouco máis dun ano no circuíto de festivais españois", engade o director vigués, quen calcula que a curta "leva recadados uns 20.000 euros en premios, co que, neste caso, se recuperan os cartos investidos, algo que case é un milagre". A metade desa cantidade vai para o director e a outra metade para Escándalo Films, a produtora que avalou esta curta rodada en Barcelona. Agora, Marzoa intenta dar o salto ás longametraxes e traballa en dous guións, ao tempo que está tratando de buscar produtor en Galicia".

Menos tempo percorrendo os festivais leva a curta Sen Chumbo, do director coruñés Jorge Saavedra, un traballo destinado a darlle moitas satisfaccións ao autor. Desde primeiros deste ano, que empezou a traxectoria polos festivais, foi seleccionado nunha ducia deles e leva acadados 6 premios. Sen Chumbo é unha narración moi peculiar sobre un ionqui que atraca unha gasolineira. Algúns dos seus actores, como Xulio Abonjo, Cristina Castaño ou Ricardo de Barreiro pertencen a unha prometedora xeración, e teñen sido recoñecidos con premios en diversos festivais. Nesta ocasión, Saavedra decidiu meter a súa obra en mans dunha distribuidora, e a experiencia estálle a resultar satisfactoria. "Distribuímos a curta anterior pola nosa conta, pero creo que iso é unha perda de tempo", indica este director de 27 anos, que leva dez anos no mundo das curtas. Eses anos de oficio servíronlle a Saavedra para aprender a rendabilizar ao máximo os recursos. Rodou Sen Chumbo con pouco mais de 6.000 euros, "sobre todo porque houbo que pagar o aluguer da gasolineira", matiza, pero no seu anterior traballo, Servizo a Domicilio, recoñece que só gastou uns 300 euros.

Ademais de directores como Jorge Saavedra ou Álex Marzoa, algunhas das curtas máis premiadas feitas en Galicia están saíndo do concurso de guións que organiza o Festival Curtocircuíto en Santiago. A obra Quérote mal, dirixida por Mireia Giró, ten sido seleccionada en máis de vinte festivais, desde Xapón a Nova York. Recibiu máis de 20 premios, o último deles, o premio do público no concurso de curtas Versión Española-Sgae, que organiza este programa de TVE. O pasado ano, este mesmo premio tamén o recibiu unha curta galega, Madres, de Mario Iglesias, outro dos traballos que acadou mútiples recoñecementos nos últimos dous anos.

Segundo a súa directora, que reside en Barcelona, "a curta xa leva recadados sobre 30.000 euros en premios, que é unha cifra considerable". Para esta directora, iniciativas así "abren moitas portas, pero o problema é que todos os premios van parar á produtora do festival, os directores non vemos un peso, e así resulta moi difícil poder financiar a seguinte curta". Quérote Mal non é o único traballo saído do Curtocircuíto que está a colleitar premios. Este ano tamén iniciou o seu periplo polos festivais Bechos Raros, dirixida por Alegría Collantes e Estíbaliz Burgalete, que foi seleccionada, polo de agora, en 15 festivais, entre eles o Festival de Cine de Málaga, e xa recibiu media ducia de premios.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_