_
_
_
_
Reportaje:LUCES

Dos arquivos de Blanco Amor

O Pen Clube, en colaboración con Galaxia, rescata a poesía amatoria do ourensán

Nunha hipotética enquisa sobre os narradores en galego máis importantes do século XX, a presenza Eduardo Blanco Amor, xunto á figura indiscutida de Álvaro Cunqueiro, estaría practicamente garantida. Sen embargo, a produción poética do autor d'A esmorga adoita ficar nun segundo plano, cando non ser ignorada. O rescate que o Pen Clube, en cooedición coa editorial Galaxia, emprende en Ars amandi ten que ver coa recuperación da poesía de Blanco Amor (Ourense, 1897 - Vigo, 1979).

"A Eduardo Blanco Amor sempre se lle achacou un profesionalismo de escritor", sinala o reponsábel da edición de Ars amandi e presidente do Pen Clube, Luís González Tosar, "pero nestes poemas vemos os sentimentos do home". Os oito cadernos e os poemas soltos en castelán recollidos no volume están, na súa meirande parte, dedicados a amantes e parellas.

Logo da "carta proloquio" do editor González Tosar e dun estudo de Luís Pérez Rodríguez sobre "a poesía amatoria" do autor, Ars amandi abrése con Poemas del Ángel, o poemario explicitamente erótico que Blanco Amor dedicou, en 1968, a Ángel Chamarro. Chamarro, que na actualidade reside en Barcelona, gardaba o manuscrito da obra. "Case toda a obra que conforma Ars amandi atopábase no arquivo Blanco Amor da Deputación de Ourense", explica González Tosar, "agás, por exemplo, Poemas del Ángel, que estaban en mans do seu destinatario, Ángel Chamarro". A traxectoria que debuxa o volume do Pen Clube arrinca no último escrito e remata na obra de adolescencia, titulados polo propio Blanco Amor Poemas adolescentes.

"Os Poemas adolescentes, dedicados a amantes, escribiunos entre 1915 e 1922, cunha temática amorosa", relata o coidador da edición, "e xuntounos nun caderno manuscrito en 1940, cando vivía en Buenos Aires, para agasallarllos a Agustín Caballero Moy". Aqueles Poemas adolescentes incluían un limiar redactado polo autor, no que evidenciaba a súa condición de "símbolos y por veces claves sagradas de formas íntimas de vida". A homosexualidade de Eduardo Blanco Amor aparece ao longo dos oito poemarios reunidos en Ars amandi.

Non todos os traballos poéticos do libro estaban inéditos. A colección Sonetos actuales publicouse, en 1943, na revista do exilio republicano español de Buenos Aires España Libre. "Con todo, a versión que ofrecemos é a partir dun manuscrito que difire da versión publicada", asegura González Tosar. O proceso de escrita de Eduardo Blanco Amor era, en palabras do editor de Ars amandi, complexo. "Escribía a man, logo pasábao a máquina, ás veces publicaba e despois aínda podía volver corrixir os temas". "Organizar os materiais deste libro foi terribelmente difícil", afirma Tosar.

Para González Tosar, as 11 cuartillas sen data e inéditas de Baladas del joven y la muerte gardan "o maior interese desde o punto de vista literario". Os sonetos autobigráficos de El camino, Sonetos Andinos -escritos na década dos 40 en Chile-, Crispaciones del Trópico -para Rafael Alvarado e saídos á luz en El Nacional de Caracas- e Los símbolos -catro sonetos que se leran en público a través do periódico Acción Gallega en 1920-, xunto a composicións soltas, completan a edición do Pen Clube e de Galaxia, a editora propietaria dos dereitos de Eduardo Blanco Amor.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

"A nosa idea inicial era publicar unicamente Poemas del Ángel", conta Luís González Tosar, "pero logo reunimos nun libro toda unha obra reveladora, dura, de erotismo explícito, e case inédita".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_