Tempo de mudanza na escena galega
A reforma da estructura do Igaem abre o camiño a cambios profundos no teatro e a danza
Algo se está a mover no panorama do teatro e a danza galegas nestes últimos tempos. O anuncio de cambios estruturais no Instituto de Artes Escénicas e Musicais (Igaem) está a provocar un movemento similar en todo o tecido escénico galego: compañías, actores e público. O momento actual presenta oportunidades pero tamen riscos para afrontar a necesaria reforma dun modelo de funcionamento que nos últimos anos mostrouse pouco efectivo para conseguir o obxectivo de que o teatro galego saia das catacumbas e deixe de ser unha actividade confinada a un número moi limitado de espectadores.
Os datos de asistencia de público aos espectáculos na rede de teatros do Igaem son significativos. Ao longo do ano 2006 rexistráronse un total de 95.573 espectadores nas 602 funcións que tiveron lugar nestes espazos. A ocupación situouse no 39,82% e a facturación chegou aos 207.800 euros. Evidentemente as cifras non semellan satisfactorias se temos en conta que só as subvencions que ten previsto conceder o Igaem para producir montaxes teatrais e de danza ao longo deste ano ascenden a 960.000 euros. Algún dos espectáculos programados obtiveron resultados desoladores ao non chegar aos 30 espectadores.
"Durante moitos anos o teatro foi un baluarte na defensa da cultura e do idioma galego"
A captación de novos espectadores é un dos obxectivos prioritarios das persoas que traballan no mundo da escena galega. Hai algúns sinais esperanzadores coma o éxito que está a ter a proposta do novo Centro Coreográfico Galego, que coa súa montaxe Vacuo está a ter unha importante resposta do público na sua xira por Galicia. Talvez sexa un exemplo das vías que convén seguir explorando no futuro.
Neste sentido, a nova directora do Centro Dramático Galego (CDG), Cristina Domínguez, sinala que unha das súas principais tarefas é facilitar o achegamento entre os profesionais e a cidadanía. "Procurar que a actualidade esté presente na expresión escénica é moi importante e, por suposto, resulta fundamental atraer máis espectadores ás salas", explica. Na súa opinión, o teatro galego atópase nun momento de cambio e, como sempre sucede nestes casos, pode que chegue a atravesar momentos complicados. "Ten que haber unha política escénica responsábel e con visión de futuro", apunta.
Unha das cuestións pendientes no teatro galego é a creación dun marco laboral estable para os que traballan nesta actividade. Neste sentido, a asociación Escena Galega, na que se integran as principais compañías, ten previsto iniciar próximamente as negociacións coa Administración galega para participar na elaboración dun plan para o sector. O presidente da asociación, Celso Parada, considera que o teatro ten que contar cun apoio importante da Administración porque "durante moitos anos foi un baluarte na defensa da cultura e do idioma galego". Sen embargo, isto non impide que as compañias sexan conscientes de que teñen que facer un esforzo por profesionalizar as súas estruturas.
Pola súa banda, o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Vicente Montoto, que agrupa aos profesionais do teatro e do audiovisual, considera que un dos problemas sobre o que hai que dialogar é a ausencia dun convenio que regule as relacións entre os actores e as compañías. Ao seu xuízo, o apoio das administracións ao teatro galego ten sido históricamente "moi pobre" e resulta necesario incrementalo.
O diagnóstico final semella claro. Agora só falta que todas as partes cheguen a un acordo sobre as medidas a adoptar para que a situación mellore. Hai boa vontade para conseguilo.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.