_
_
_
_
Reportaje:LUCES

Os primeiros banzos da lectura

A literatura infantil crea dinamismo editorial malia ás eivas da normalización lingüística

O escritor Xosé Antón Neira Cruz explícao sen panos quentes: "o esforzo histórico que fixo a literatura infantil e xuvenil galega en apenas 25 anos aínda está por recoñecer". Neira Cruz fala de heroicidades. "Nos anos 70 non existía literatura infantil en galego, en parte porque as técnicas eran caras, en parte porque o proceso de normalización da lingua estaba nunha fase primaria", apunta. A precariedade empresarial das editoriais tamén influía no subdesenvolvemento da escrita para cativos en galego. "Unha serie de autores, case todos mestres de profesión", argumenta Neira Cruz, "comezaron a preparar os seus propios textos coa idea de traballalos cos seus alumnos". A situación na actualidade, opina Neira, é "diametralmente oposta".

"Neste país ten que haber tantas bibliotecas coma igrexas", ironiza serio Xosé Ballesteros

O responsábel da editorial Kalandraka, algo así coma o buque insignia da edición de literatura infantil en Galicia, Xosé Ballesteros, fala do "importantísimo momento creativo" que vive este sector literario, con grandes nomes recoñecidos aquí e acolá. "Xabier Puente Docampo ou Fina Casalderrey na narrativa, por exemplo, ou Óscar Villán ou Federico Fernández na ilustración, ambos Premios Nacionais, amosan o nivel de creatividade da nosa literatura infantil e xuvenil", asegura Ballesteros.

Para o director de Kalandraka, porén, existe incerteza á hora de traducir o éxito creativo. "As tiraxes son pequenas e, en realidade, a visibilidade resulta escasa", declara. Ballesteros aposta por unha rede de bibliotecas que funcionen a xeito de centros de difusión de lectura e de cultura. "Se queremos unha sociedade culta, debemos construír tantas bibliotecas como igrexas e ten que haber tantos bibliotecarios coma cregos", ironiza en serio Xosé Ballesteros, "porque neste país está pendente a revolución das bibliotecas". Os índices de lectura baixan e "se a mocidade galega non fala en galego, dificilmente se vai achegar ao libro en galego".

A editorial Kalandraka comezou a súa andaina en 1998 na cidade de Pontevedra. Dende aquel ano editou máis de 500 títulos nas cinco linguas da Península Ibérica: galego, portugués, catalán, euskera e castelán. Na actualidade, Kalandraka traballa cun catálogo vivo de arredor de 430 libros. A produción en galego, sobre 200 volumes, é maioritaria. Títulos coma O coelliño branco, baseado nun conto popular portugués e con ilustracións de Óscar Villán -polas que recibiu o Premio Nacional de Ilustración en 1999- ou As aventuras de Pinocho, sobre o texto de Carlo Collodi, centran os fitos editoriais da empresa cultural.

A colección so o nome d'O berce da lúa, composta do que en Kalandraka denominan "poegramas", está dirixida a "prelectores". O obxectivo reside en que os meniños se familiaricen co obxecto libro. O combate a prol da lectura desenvólvese en Kalandraka mediante actividades de iniciación. "O noso interese, ao cabo, é formar lectores críticos", conclúe o responsábel da editorial Xosé Ballesteros.

Eva Mejuto forma unha das metades de Oko Editora. Fundada en 2005, Oko leva publicados 30 títulos en galego, portugés, catalán e castelán. Das catro coleccións que puxeron en marcha, a dedicada aos cativos de entre tres e sete anos, O, resulta, en palabras de Mejuto, "a máis potente". Eva Mejuto explica que en Oko Editora incorporan propostas estéticas de artistas plásticos galegos e contemporáneos. "Itziar Ezquieta, Iván Prieto ou Paula Aneiros realizan traballos específicos connosco para ilustrar libros infantís", di. E continúa: "Quixemos que os nosos libros fosen, ademais, un espazo de expresión artística innovadora, mesmo con proposicóns abstractas". Mejuto refire a necesidade de respectar ao neno como lector.

No adxectivo infantil atópase un dos debates máis aguzados arredor da literatura. Eva Mejuto afirma que "o lector faise aos tres anos; senón logo, na adolescencia, xa é moi difícl xuntar a un rapaz cun libro". Para Xosé Antón Neira Cruz, que amais de escritor, dirixe as coleccións infantil e xuvenil da Editorial Galaxia, "o proceso lector é un proceso de maduración, e polo tanto é preciso estabelecer banzos, entre eles o infantil". Neira Cruz sostén que a literatura infantil está a adquirir "un valor per se" e que, cadora, máis adultos "frecuentan a literatura infantil por puro pracer estético".

A aparición das editoriais especializadas en literatura infantil serviron, segundo Neira Cruz, de revulsivo para as empresas de libros tradicionais en Galicia. "Nas outras editoriais volveuse suscitar a cuestión das coleccións infantís", continúa, "sobre todo a nivel da importancia das ilustracións". Galaxia mantén en activo unha das series pioneiras da literatura infantil en Galicia, a colección Árbore, na que chegaron a publicar autores como Carlos Casares ou Eduardo Blanco Amor. Para 2007, a editora prevé a publicación de 38 títulos, entre infantil e xuvenil.

Tamén Edicións Xerais presta atención á primeira fase dos lectores galegos. Fóra dos diferentes catálogos para lectores miúdos, o veterano Premio Merlín, convocado pola propia editorial, destaca entre os certames de todo Estado dedicados á literatura infantil.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_