_
_
_
_
_
Reportaje:Luces

Para que serve ser galego?

Novos enfoques alimentan o debate adiado sobre a cuestión da identidade

A primeira vez que Ortega y Gasset pasou en Galicia máis dun fin de semana, debeulle prestar a visita. "Sorprende que o feito enorme da súa peculiaridade rexional non se proxecte sobre o rexime civil de España", dixo o filósofo, á dereita de Manuel Azaña en todo (tamén en materia de federalismo), destacando o "acusado perfil da alma galega". Sobre a difícil reconstrución das marcas simbólicas desmaceladas polo franquismo, no caso galego, opinou Josep Tarradellas. No ano do punk, o antigo deputado de Esquerra resumiuno coa distancia do exilio: "En Galicia son todos escritores".

Visións tanxenciais coma estas adoitan reproducirse cando se fala en Galicia da construción -estatal e propia- da identidade. Non hai teses que vallan para un concepto inapreixable desde un enfoque unívoco das ciencias sociais, pero antropólogos, psiquiatras, filósofos, historiadores e artistas apuntan a necesidade de rescatar a cuestión da identidade, cos seus conflitos e paradoxos, como estratexia global no mundo líquido. Semella a hora dos protagonistas, tanto para falar da desaparición dos labregos como dos emigrantes apartados do discurso público.

"Sen proxecto, calquera identidade é unha identidade alienada"
"Comparar a lingua coas baleas é traballar contra nós mesmos"
Más información
Nacionalismo, revisión "urxente"

O psiquiatra Ramón Area, que traballa con enfermos terminais no hospital compostelán Gil Casares, fíxoo con Alejandro García Caballero en Psicopatoloxías do retorno (Premio Piñeiro 2006). Alí recollían as historias dos emigrantes desarraizados na volta a Galicia, un pouco ao xeito do sociólogo Richard Sennett -que falou con asalariados- no seu ensaio sobre as consecuencias do traballo no novo capitalismo. Laiovento publicará proximamente Arquitecturas da infancia e Pantasmas na mirada: telescopios, onde Area e Luis Vila estudan a construción da mirada a través da linguaxe infantil e cinematográfica.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

"Existen feitos relacionados coa identidade galega pouco explorados, ignorados ou reprimidos", din, "e falta un proxecto; sen el, calquera identidade, persoal ou colectiva, é unha identidade alienada". Que algunhas referencias históricas -do celtismo ás dúbidas e saudades da mente galega- aínda se poidan pensar como certezas, apóñenllo ás "tensións existentes ante a perspectiva dunha desaparición da identidade".

As achegas desde este ámbito, a falta de que Santiago Lamas (Galicia borrosa, Ferrín e outras historias) remate un novo libro sobre a construción das identidades nacionais a través da literatura -así en Galicia como nas Illas Británicas-, son tan plurais como a psicoloxía. No idioma lacanián, o responsable da revista Finisterre freudiano, Uxío Castro, di que ser galego "só é un síntoma", e convén que o autoodio é un roubo, "se serve para non traballar". Le por teléfono un listado de trastornos mentais segundo a relación dos galegos coa lingua e pregunta "que fixemos os galegos para saír nalgúns dicionarios como persoas de poucas luces". "Como as persoas, cada pobo gaña os seus síntomas. E preguntar por que é comezar a saber. O mundo é persecutorio para todos, pero a cuestión é por que nos poñemos na posición da vítima".

O porqué e o para que son preguntas tradicionais do antropólogo Marcial Gondar (Crítica da razón galega), que agora prepara un libro subtitulado A guerra das identidades. "A cuestión é que imos facer, non 'que nos vai pasar", resume, no destaque da identidade "como estratexia e non como esencia", en alusión ao traballo fundacional da Xeración Nós. "Tal e como facemos aquí, a etnografía é de dereitas. Dicimos cousas moi parecidas ás de Xocas [Xaquín Lorenzo] ou Fraguas, coa diferenza de que Fraguas foi á cadea, e a nós subvencionábanos Pérez Varela". Que boa parte da antropoloxía galega criada na ilusión celtófila estea lonxe da antropoloxía simbólica, ou simplemente de Lévi-Strauss, non é un paradoxo. "Tampouco", ri, que o groso da esquerda independentista sexa risqueana "se lles preguntamos que opinan do turismo cultural".

Para Gondar convén crear identidade "sen falar dela", "contaminar, non conquistar". Proxectar unha identidade "de futuro", alicerzada nunha relectura plural do pasado. "No mundo actual, as mensaxes do pasado sen reelaborar, desde o punto de vista do marketing cultural, convencen só aos convencidos". No xogo da persuasión entra a lingua como primeiro símbolo: "Un póster que relacione baleas e idioma galego [en referencia a unha campaña da Mesa pola Normalización] é traballar contra un mesmo". "Temos a razón, pero hai que escoller a forma de seducir. El Corte Inglés nunca pelexa contigo, pero consegue que lle leves o paquete enteiro. Téñennos que mercar o paquete tamén a nós, e non podemos chamarlles ignorantes se non o fan. Están en xogo o leite, a pesca e a reorganización do territorio, agora que os fondos prioritarios irán ao Leste".

De evitar a polarización fala tamén María López Sández, autora de Paisaxe e nación (A creación discursiva do territorio), que non concibe a supervivencia como pobo diferenciado sen a lingua. A respecto da paisaxe, e de como axudou a construír o imaxinario social, o conflito é inevitable. "Unha cousa é popularizar o discurso paisaxístico iniciado por Rosalía e outra evitar a acción destrutora sobre o territorio". Da predisposición ao conflito ocúpase o escritor Samuel Solleiro. Antropólogo de formación, fala como violinista do grupo Ataque Escampe, cuxo penúltimo traballo, Galicia es una mierda, requeriu algunha explicación. "Pensamos que identidade é unha construción que non ten valor ningún se non é en choque frontal con outras construcións", di. "É dicir, unha ferramenta política e, madia leva, provisional".

Imaxe de Moncho Xácome Prieto, labrego de A Miranda, no <i>Libro das despedidas</i>, de Emilio Araúxo.
Imaxe de Moncho Xácome Prieto, labrego de A Miranda, no Libro das despedidas, de Emilio Araúxo.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_