_
_
_
_
Luces

Galicia exhuma os seus cavernícolas

Os arqueólogos reconstrúen a vida dos neardenthais tralos achádegos nas covas de Lugo

Sonia Vizoso

Os homo sapiens que habitan Galicia empezan a bosquexar como era a vida dos primeiros homínidos destas terras, eses antergos que viviron hai 30.000 anos e que protagonizan un dos grandes misterios da historia. Logo de dous veráns de escavacións nas covas de Lugo, un equipo no que participan investigadores de catro universidades atopou restos de ferramentas e fauna que, a falta da data exacta que establezan as análises, servirán para reconstruir a existencia dos neardenthais neste recuncho da Península. Os achádegos producíronse na cova de Eirós, no concello de Triacastela, e xunto cos materiais e restos humanos doutras épocas atopados nas grutas de Valdavara (Becerreá) e Sato (Folgoso do Courel) supoñen un pulo para a investigación prehistórica no país.

En Triacastela e Folgoso viviu o oso das cavernas, unha besta de 2 metros
Os científicos analizan restos orgánicos de hai 30.000 anos

A cova de Eirós xa estivo no ollo dos arqueólogos galegos na década dos anos noventa. Daquela, as sondaxes de Aurora Grandal demostraron que nesta zona de Lugo habitou o oso das cavernas, unha besta de dous metros de altura que poboou a Península Ibérica ata 11.000 anos antes de Cristo. Posteriormente, Antón Rodríguez e Juan Cano atoparon pegadas de ocupación no Paleolítico Superior e Medio. Estas hipóteses acaban de seren confirmadas.

En Eirós, os investigadores dirixidos por Talía Lazuén, Xosé Pedro Rodríguez y Arturo Lombera desenterraron dúas capas. Na primeira, a máis moderna, acharon pezas do Paleolítico Superior (como moi antigas serían de hai 29.000 anos), e debaixo, unha chea de restos de "artefactos líticos" e animais do Paleolítico Medio (de hai uns 30.000 ou 40.000 anos), a época dos neardenthais. "Poderían ser os restos orgánicos máis antigos achados ata o de agora en Galicia", explica o galego Arturo Lombera dende Tarragona, onde se atopa estes días para analizar as mostras recollidas no verán.

O achádego de Eirós vai ser sometido á proba do carbono 14 pero se ten máis de 40.000 anos (o tope ao que chegan estas análises) os investigadores terán que procurar outro método de datación. "A fauna vainos dar unha boa idea do medio ambiente daquela época", afirma Ramón Fábregas, catedrático de Prehistoria na Universidade de Santiago. Nos sedimentos os arquéologos buscan polen, unha pegada que pode revelarlles como era a vexetación primitiva de Galicia.

A outra gran esperanza da investigación paleolítica no país está na cova de Valdavara, en Becerreá. Nesta caverna viviron hai 17.000 anos (no periodo Magdaleniense do Paleolítico Superior) uns homínidos moi fachendosos. No seu subsolo apareceron dez doas de colar elaboradas coas cunchas en forma de tubo dun molusco denominado dentalium. Pezas coma esta só se atoparan ata o momento outras trinta en Asturias e Cantabria.

¿Primitivos e máis coquetos? "A súa capacidade cognitiva e simbólica era como a nosa. Quen ocupou Valdavara pertencía á mesma cultura que os [homínidos] que pintaron Altamira", sinala Manuel Vaquero, investigador da Área de Prehistoria da Universitat Rovira i Virgili de Tarragona e codirector, xunto a Susana Alonso, das escavacións nesta gruta de Becerreá.

O que o subsolo galego aínda non destapou son restos orgánicos dos homínidos do Paleolítico Superior. A Vaquero non lle sorprende porque na Península Ibérica, a diferenza do resto de Europa, estes achádegos "non son habituais". O máximo que se atopou foi "algún dente, falanxe ou resto craneal" e o esqueleto dun neno de dous anos en Lagar Velho (Portugal). O profesor da Universidade de Tarragona atribúe esta peculiaridade peninsular a posibles ritos funerarios que non incluían o enterramento do finado.

Se algunha esperanza hai de atopar ósos dos homínidos, esa está nas covas. Só nas cavernas a humidade e a temperatura son o suficentemente constantes como para que as pegadas destes seres poidan conservarse durante milleiros de anos. Outra das grutas investigadas polos arqueólogos está en Folgoso do Courel e chámase Cova do Sato. O territorio que ocupa agora este concello estivo cuberto de glaciares hai 20.000 anos e os científicos andan a procura de pistas sobre a vida logo daqueles xeos.

En Sato apareceron alí restos óseos dun oso das cavernas, que aínda están sen datar con exactitude. Unha das pezas estaba rachada, unha rotura "non natural", causada probablemente por un homínido famento que, empregando unha ferramenta, intentaba tirar o miolo. "Ten que ser de hai máis de 13.000 anos, que foi cando desapareceu esta especie animal no noroeste", apunta Lombera.

Estas escavacións están integradas no proxecto Ocupacións humanas do Pleistoceno na conca media do río Miño, que se prolongará aínda dous ou tres anos. O orzamento para este tempo procede dunha axuda do Ministerio de Educación, pero cando se acabe os arqueólogos esperan un compromiso dos poderes públicos galegos. "Este proxecto fai aportacións significativas á historia de Galicia, polo que cabería esperar apoio financeiro de institucións galegas como a Xunta e a Deputación de Lugo", reclama Fábregas. "É unha actividade interesante que habería que consolidar".

¿Camposanto para nenos?

Un dos descubrimentos máis estraños sobre a vida cavernícola no territorio agora chamado Galicia realizouse ó pé da cova de Valdavara, nunha pequena fenda. Os arqueólogos exhumaron alí os restos de varios nenos da Idade de Bronce, é dicir, de hai 3.500 anos. O verán pasado apareceu un cativo de dous anos e un meniño de seis meses e este ano ósos dun rapaz de cino ou seis anos. Sen nada máis ó redor. Nin siquera cerámica. "Iso de enterrar só nenos non é habitual na Idade de Bronce. É un exemplo de comportamento cultural senlleiro", suliña o profesor Manuel Vaquero. Dende a Universidade de Santiago, Ramón Fábregas agoira "máis sorpresas" nas investigacións en Valdavara.

Como o Paleolítico galego é un "pequeno burato negro" no estudo da prehistoria, calquera paso que dan os científicos supón un gran avance. Vaquero, profesor en Tarragona, recoñece a falta de investigación deste periodo e atribúe esta eiva á "escasa tradición". Fábregas apunta razóns económicas. "O Paleolítico, dentro da arqueoloxía, é das actividades máis caras, xa que require moitos especialistas e analíticas sofisticadas", explica. Os restos achados nas covas de Lugo están distribuidos en laboratorios de Santiago e Tarragona, pero se algún ten máis de 40.000 anos terá que viaxar a Madrid para ser datado con sistemas máis complicados, como a luminiscencia por estimulación óptica (OSL).

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Sobre la firma

Sonia Vizoso
Redactora de EL PAÍS en Galicia. Es licenciada en Periodismo por la Universidad de Santiago. Lleva 25 años ejerciendo el oficio en la prensa escrita y ha formado parte de las redacciones de los periódicos Faro de Vigo, La Voz de Galicia y La Opinión de A Coruña, entre otros. En 2006 se incorporó a El País Galicia.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_