_
_
_
_
_
Luces

A escasa visibilidade dunha efeméride

Aqueles poetas que, durante as décadas dos 60 e 70 e no esteiro de Longa noite de pedra, a crítica deu en chamar socialrealistas foron quizais os últimos valedores destacados da obra de Curros Enríquez. Cando as teses manadas do ensaio de Méndez Ferrín De Pondal a Novoneyra reivindicaron a estatura poética de Eduardo Pondal, modernista e requintado, e triunfaron entre as promocións que facturaron poemas na década da consolidación autonómica, o sutaque civil de Curros ficou en segundo plano. Só Rosalía, da terna do Rexurdimento, sobreviviu ás vicisitudes do canon nos últimos 150 anos. Esta perda de protagonismo estético pode axudar a enxergar a escasa visibilidade do 100º cabodano da morte en Cuba de Curros.

O cemiterio de San Amaro, na Coruña, abeira os restos do poeta de Aires da miña terra. Ese lugar foi o escollido polos membros do patronato da fundación para, acompañados dunha delegación veciñal, comezar esta mañá os actos do centenario, con ofrenda floral e gaiteiro. A Real Academia Galega acolle este mediodía unha lectura do poeta Luís G. Tosar canda o violinista Kamo Petrosyan e a presentación do premio Celanova, Casa dos Poetas. A expedición celanovesa remata cun recital perante a estatua dos xardíns de Méndez Núñez, no que participan alumnos dos centros Curros Enríquez de Celanova, da Coruña e de Pazos de Borbén, ademais do colexio Sagrado Corazón, tamén de Celanova. O Concello participa na organización dos eventos, que cofinancia a Consellaría de Cultura.

A face de xornalista

Da parte da Xunta, só a Secretaría Xeral de Comunicación preparou actos relacionados coa efeméride. O mosteiro de Celanova acolle, mañá a partir das 12, unha homenaxe so o epígrafe de Curros, periodista. As intervencións do historiador Marcos Valcárcel, do xornalista e profesor Xosé López, do académico Xosé Luís Axeitos, do titular do departamento Fernando Salgado e da escritora Rosa Aneiros analizarán as diferentes faces do xornalismo de Curros Enríquez, dende Ourense a La Habana pasando polas súas crónicas das guerras carlistas en El Imparcial. O profesor Xesús Alonso Montero, que transporta o estandarte do poeta civil dende a súa tese en 1966, pechará a xornada oral cunha conferencia sobre Poesía, xornalismo e compromiso. Luís Emilio Batallán cantará, na clausura, o Nouturnio.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_