_
_
_
_
_
PSICOFONÍAS | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Diferentes, espías, forenses

Por se xa non fora suficiente coa miña tendencía natural á perplexidade diferencial, confeso que co seguimento da especifidade desta edición Galicia de EL PAÍS agudízase o meu instinto identificador do xenuíno do país. Nas últimas semanas, ningunha estatística económica de emprego ou crecemento do PIB coincidía coa tendencia española ou europea (neste caso para ben) pero tampouco outras cifras tráxicas: mentres en España diminuíron as víctimas mortais de tráfico, en Galicia aumentaron no último ano (mais un dato a favor da racionalidade da transferencia das competencias viarias). Pero a realidade é complexa e máis ben rara. Desde estas mesmas páxinas sorpréndeme a información sobre a existencia dun elevado índice de espionaxe industrial nas empresas do país, tanto que a contraespionaxe está xerando un florecemento inusitado da actividade detectivesca, mesmo unha axencia viguesa colabora coa policía de Dallas na aplicación do polígrafo da verdade. Non sei se estes datos de espionaxe industrial son paralelos ao noso nivel de I+D, pero con todo é ben lástima que nos dediquemos a espiarnos entre nós e non ao resto do mundo. Sempre pensei que os signos nacionais deberían incluír, amais da bandeira, o himno e a selección, unha orquestra (temos certa dispersión nisto), un ballet (o burato de Rey de Viana quedou sen encher) e un corpo de espías que nos situase no mundo. Só atopo consolo científico na constatación de que o noso sentido colectivo da morte ten efectiva prolongación no avanzado da nosa industria forense: o ADN dun neno colombiano nacido no cautiverio das FARC investigouse en Compostela.

Xa o dicía Carlos Blanco: somos unha potencia. E é que, posiblemente, a mellor defensa fronte as contradicións (excesos ou defectos) da realidade sexa a ironía. No seu degrao máximo, sarcasmo.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_